Real Club Náutico de Sanxenxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Club Náutico de Sanxenxo
CidadeSanxenxo
Fundado1951
PresidentePedro Campos Calvo-Sotelo
Sitio web
Sitio web oficial

O Real Club Náutico de Sanxenxo é un club náutico situado en Sanxenxo e fundado en 1951.

Historia[editar | editar a fonte]

Fundouse o 8 de xuño de 1951 para promocionar todas as posibilidades turísticas e deportivas que ofrece a ría de Pontevedra. Entre os seus 197 socios fundadores atopábanse entre outros o actor Manolo Morán e o físico Julio Palacios.[1] Tras varias xestións e a mediación do ministro José Solís, conseguiuse a cesión de 343 metros cadrados de terreo no porto de Sanxenxo para a construción do edificio social. O 25 de xullo de 1961 inauguráronse as súas instalacións no porto pesqueiro.[1]

En 1968 organizou o Campionato Galego da clase Vaurien e as probas puntuables para o Campionato de España de Motonáutica, e durante as seguintes décadas continuou organizando campionatos galegos e españois en diferentes modalidades. Varios dos seus deportistas proclamáronse campións de España, e en 1976 o regatista do club Pedro Campos conquistou o Campionato do Mundo de Vaurien.[1] O propio Campos foi elixido novo presidente do club en 1999.[2]

No 2001 foi galardoado co Premio Nacional de Vela como mellor club náutico de España.[1] O 5 de novembro de 2005 organizou a regata costeira previa á saída da Volvo Ocean Race 2005-06.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Historia do Real Club Náutico de Sanxenxo" (en castelán). Consultado o 2 de setembro de 2021. 
  2. "El regatista Pedro Campos es el nuevo presidente del Club Náutico de Sanxenxo". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 21 de agosto de 1999. p. 46. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]