Saltar ao contido

Raúl Francés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaúl Francés
Biografía
Nacemento12 de maio de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde do Porriño
2003 – 2010 (moción de censura)
← José Manuel BarrosNelson Santos Argibay → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata

Raúl Francés Rodríguez, nado no Porriño o 12 de maio de 1958, é un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciado en Pedagoxía, é mestre de Pedagoxía Terapéutica. Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro do BNG no Porriño. En 1999 encabezou a candidatura nacionalista e pasou de 3 a 5 concelleiros, consolidándose como principal grupo da oposición ó PPdeG de José Manuel Barros. Nas eleccións municipais de 2003 encabezou novamente a candidatura do BNG no Porriño, baixando a tres concelleiros, se ben foi elixido alcalde grazas a un pacto co PSdeG-PSOE (2 edís) que contou co apoio na investidura de Independientes de Porriño, de Gonzalo Ordóñez Puime, que lograra cinco concelleiros. Nas municipais de 2007 logrou se-la forza máis votada con 5 edís, polo que foi reelixido alcalde como cabeza de lista máis votado e renovou o goberno de coalición cos socialistas, se ben a suma de ambos non lograba a maioría absoluta. En febreiro de 2010 os 3 grupos restantes da corporación (PP, CxP e IdeP) presentaron unha moción de censura que fixo alcalde ó candidato de CxP Nelson Santos Argibay e a integración das dúas formacións independentes no PPdeG, que pasou a rexer de novo o concello en maioría. Nas municipais de 2011 volveu encabezar a candidatura do BNG[1], mais non logrou recupera-la alcaldía dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta.

En abril de 2012 pediu a baixa no BNG e tamén como concelleiro xunto cos edís Kiko Paz Antón e Victoria Cardoso.[2] Nas municipais de 2015 presentouse como independente de número dous na lista do PSdeG-PSOE[3], a cal acadou o goberno grazas a un pacto e foi segundo tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Emprego e Cultura. En novembro de 2015 dimitiu trala apertura de xuízo oral pola prórroga de contratos cando era alcalde en 2008.[4] Foi condenado e inhabilitado por 8 anos e 6 meses a cargo público en novembro de 2016, adquirindo a sentenza firmeza en xaneiro de 2018.


Predecesor:
José Manuel Barros González
 
Alcalde do Porriño
 
2003 - 2010
Sucesor:
Nelson Santos Argibay

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]