Saltar ao contido

Argumentación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha argumentación é un sistema de elocución que consiste en achegar razóns para defender unha opinión. Emprégase normalmente para desenvolver temas que se prestan á controversia, e o seu obxectivo fundamental é ofrecer unha información o máis completa posible, á vez que intentar persuadir aos demais mediante un razoamento.

Os textos e discursos argumentativos posúen unha organización peculiar. As categorías sobre as que se sustentan son as premisas e conclusións. O autor ha de reorganizar convenientemente os elementos temáticos para lograr do lector unha determinada disposición. Polo mesmo talvez sexa a argumentación o tipo de discurso en que o lector se acha involucrado dunha maneira máis directa. O autor, en todo momento, conta con el.

Na base de toda argumentación áchanse os principios da dialéctica e a lóxica:

  • Desde o punto de vista da lóxica, tense en conta a noción de causalidade, que proporciona unha orde obxectiva. A causalidade supedita a unha causa uns resultados determinados, polo que cada paso é sostido polo anterior.
  • Desde o punto de vista dialéctico, o texto da argumentación móvese sobre as probabilidades, nunca sobre certezas.

Os elementos da argumentación son

  • a tese,
  • o corpo argumentativo e
  • a conclusión.

Os tipos de razoamentos utilizados no argumento poden ser:

  • O argumento de autoridade (testemuñas fidedignas e citas,...)
  • O sentir xeral da sociedade.
  • A exemplificación e a comparación ilustrativa.

Os trazos lingüísticos:

  • O emprego da primeira persoa do plural.
  • As comiñas e as citas.
  • As marcas de orde (primeiro, segundo, finalmente,...) que introducen as premisas
  • A interrogación retórica (para atrae-lo interese do lector)
  • Os guións ou raias. Para marcar distintos niveis.
  • Os nexos que expresan causa ou consecuencia.
  • A definición
  • As metáforas, as perífrases, a sinonimia, a antítese, os paralelismos.
  • Os tecnicismos.
  • Complexidade sintáctica e longos períodos oracionais.
  • A subordinación que supedita unha idea a outra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]