Saltar ao contido

Raposo gris das illas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raposo gris das illas
 Nome taxon
    Urocyon littoralis
Spencer Fullerton Baird 1858 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    U. littoralis (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie case ameazada
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCarnivora
FamiliaCanidae
XéneroUrocyon
EspecieUrocyon littoralis Editar o valor en Wikidata
Baird, 1858 Urocyon littoralis Editar o valor en Wikidata
Datas
 Período
Localización
 Endémico en
 Mapas
Distribución
Wikidata G:Commons C:Commons

O raposo gris das illas ou raposo insular (Urocyon littoralis)[1][2][3] é un pequeno cánido en perigo de extinción que só vive nas Illas Santa Bárbara, un pequeno arquipélago localizado fronte ás costas de California. É unha das dúas especies actuais clasificadas no xénero Urocyon, sendo a outra o raposo gris (Urocyon cinereoargenteus), o seu devanceiro no continente. É o raposo de menor tamaño de América do Norte e un dos máis pequenos do mundo, pois rivaliza por este título co fenec (Fennecus zerda) de África.

A poboación do raposo gris das illas descendeu fortemente durante a década de 1990 por mor das enfermidades introducidas no arquipélago, da actividade humana e da depredación da aguia real. Dende 2004, as catro subespecies máis ameazadas están protexidas e puxéronse en marcha plans de conservación do seu hábitat e de cría en catividade.

  1. Baird, S.F. (1857, 1858). Mammals. A Reports of explorations and surveys for a railroad route from the Mississippi River to the Pacific Ocean. Beverly Tucker, Printer, Washington DC, 8 (part 1): 143, 757 páx.
  2. uBio (en inglés)
  3. The Taxonomicon (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]