Saltar ao contido

Rankings FIBA de seleccións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os Rankings FIBA de seleccións son unhas clasificacións de seleccións nacionais feitas pola FIBA. Hai dous tipos de clasificacións, a masculina, a feminina e o combinado.

Para o cálculo das clasificacións tan só se teñen en conta torneos FIBA con partidos de cinco contra cinco. Non se teñen en conta amigables, torneos rexionais, ou torneos de baloncesto tres contra tres.[1]

O 11 de outubro de 2017, a FIBA mudou radicalmente o sistema de clasificación para as seleccións masculinas, trocando un sistema baseado previamente nas competicións, a un sistema baseado nos partidos. Nos cálculos inclúense todos os partidos xogados por unha selección nos últimos oito anos, incluíndo o Campionato do Mundo, Olimpíadas, campionatos continentais, e roldas de clasificación para estes eventos.[2]

Puntos por encontro

[editar | editar a fonte]

Cada partido dun torneo incluído no cálculo da clasificación está valorado en 1000 puntos base, que se dividen entre os dous equipos da seguinte maneira:

Marxe de vitoriaPuntos para o gañadorPuntos para o perdedor
Menos de 10 puntos
600
400
10–19 puntos
700
300
Máis de 20 puntos
800
200
Abandono
1000
0

Ponderación dos eventos

[editar | editar a fonte]

Ata o ano 2016, a ponderación das competicións internacionais foi a seguinte:

Campionatos
no ciclo
CampionatoPonderación
2Campionato do Mundo de Baloncesto5
2Xogos Olímpicos5
4AfroBasket0.2
4FIBA AmeriCup0.8
4FIBA Asia Cup0.3
4EuroBasket1
4Campionato FIBA Oceanía0.1

Dende 2017, a ponderación é a seguinte:

CampionatoPonderación
Campionato do Mundo de Baloncesto2.5
Xogos Olímpicos2.0
AfroBasket0.3
FIBA AmeriCup0.8
FIBA Asia Cup0.4
EuroBasket1.0

Clasificación das seleccións femininas

[editar | editar a fonte]

Para o cálculo da clasificación das seleccións femininas, a FIBA segue utilizando o sistema baseado en competicións, usado ata 2016 para a clasificación masculina. A FIBA anunciou que nun futuro indeterminado a clasificación feminina calcularase dunha forma similar á clasificación masculina.

Clasificación de seleccións masculinas

[editar | editar a fonte]
Top 20 FIBA a 26 de febreiro de 2019[3]
Pos.CambioEquipoPuntos
1 Estados Unidos793.7
2 España703.4
3 Francia650.2
4 Serbia645.4
5 Arxentina626.5
6 Lituania623.0
7 Eslovenia621.9
8 Grecia602.2
9 Croacia582.9
10Crecente (crecemento) 1 Rusia525.3
11Decrecente 1 Australia515.0
12 Brasil510.4
13 Italia492.9
14 México489.9
15 Letonia464.9
16 Porto Rico458.7
17 Turquía444.1
18 República Dominicana434.8
19 Ucraína425.2
20 Venezuela410.1
Clasificación completa en FIBA.basketball

Clasificación de seleccións femininas

[editar | editar a fonte]
Top 20 FIBA a 1 de outubro de 2018[4]
Pos.CambioEquipoPuntos
1 Estados Unidos1000.0
2 España690.0
3Crecente (crecemento) 1 Australia597.0
4Decrecente 1 Francia550.0
5 Canadá381.0
6Crecente (crecemento) 1 Turquía353.0
7Crecente (crecemento) 3 China287.0
8 Serbia278.0
9 Brasil218.0
10Crecente (crecemento) 3 Xapón184.0
11 Rusia154.0
12Decrecente 6 República Checa152.0
13Decrecente 1 Belarús138.0
14 Cuba127.8
15 Arxentina119.2
16Crecente (crecemento) 12 Bélxica105.0
17 Senegal102.0
18Decrecente 2 Corea do Sur92.5
19Crecente (crecemento) 15 Nixeria76.6
20Decrecente 2 Angola75.6
Clasificación completa en FIBA.basketball
  1. "FIBA.com: How it works". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2016. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  2. "FIBA World Ranking Men, presented by Nike — How it works". FIBA. Consultado o 12 October 2017.
  3. "FIBA Ranking Presented by Nike". FIBA. Consultado o 27 de febreiro de 2019.
  4. "FIBA Ranking for Women". FIBA. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2016. Consultado o 1 de novembro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]