Saltar ao contido

Ramón Nonato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRamón Nonato

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1204 Editar o valor en Wikidata
Portell, España (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1240 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
castelo de Cardona, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaconvento de San Ramón de Portell Editar o valor en Wikidata
Cardeal diácono Santo Eustáquio (pt) Traducir
1239 – 31 de agosto de 1240
← Robert Somercotes (en) TraducirGuglielmo Fieschi (mul) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde da Mercé e Q2028821 Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa31 de agosto Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
nacemento póstumo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1082105 WikiTree: Nonnatus-1
San Ramón Nonato, escultura de Juan de Mesa na igrexa de San Xosé de Sevilla (1626-1627).

Ramón Nonato, nado en Portell (comarca da Segarra, pertencente á diocese de Solsona) no ano 1204 e finado en Cardona en 1240, foi un relixioso mercedario, e un santo catalán da igrexa católica. O seu sobrenome Nonnatus (latín, "non nado") derívase do feito de que naceu por medio dunha cesárea, morrendo a súa nai no parto. É o santo patrón dos partos, parteiras, nenos e embarazadas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fíxose membro da orde dos Mercedarios, fundada por San Pedro Nolasco para o rescate de cativos católicos dos mouros do Norte de África. Ordenouse presbítero en 1222, e logo foi superior xeral da Orde da Mercé. Viaxou ao norte de África pagando rescate por varios prisioneiros, e disque se fixo tomar como refén a cambio da liberación dun cristián cativo cando o seu diñeiro se esgotou, sufrindo en cativerio.

Foi martirizado por mouros que lle abriron buracos a ferro candente, nos seus beizos, para colocarlle un cadeado na súa boca para así impedirlle a súa prédica. Foi rescatado pola súa orde e no 1239 retorna a España.

O Papa Gregorio IX ordenouno cardeal, mais faleceu de camiño a Roma. Moitos milagres fóronlle atribuídos antes e após a súa morte.

Procesión de San Ramón en Castrelo, Cambados.

Veneración

[editar | editar a fonte]

Foi canonizado polo papa Alexandre VII no 1657, celebrándose a súa festividade o 31 de agosto. Aínda que a súa festa era de ámbito universal dende 1681, coa reforma do calendario foi reducida a culto local a partir do 1969.

As cidades de Sant Ramon na Cataluña, Saint-Raymond no Quebec, así como San Ramón da Nova Orán, na Arxentina, foron bautizadas na súa honra.

Na cidade de Buenos Aires, na Arxentina existe un santuario na súa honra na rúa Cervantes 1150.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]