Ramón Beade Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1900 Tiobre, España |
Morte | 3 de xullo de 1956 (56 anos) Tiobre, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Betanzos |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 2 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Alcalde de Betanzos | |
1936 – 1936 ← Víctor Cancela Noguerol – Tomás López da Torre → | |
Alcalde de Betanzos | |
1933 – 1934 ← José Novo Rodríguez – Víctor Cancela Noguerol → | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 14 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, sindicalista, labrego |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español Unión Socialista Galega |
Membro de | |
Ramón Beade Méndez, nado en Tiobre (Betanzos) o 7 de abril de 1900 e finado na mesma parroquia o 3 de xullo de 1956, foi un político socialista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un activo dirixente agrario, secretario da Asociación de Agricultores de Tiobre, masón, militante do PSOE galego e líder da Federación Comarcal de Betanzos da UGT. Nas eleccións municipais de 1931 foi un dos 16 concelleiros republicanos do Concello de Betanzos. Na Segunda República foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1931 e 1936. Participou na elaboración do proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia en 1932, xunto aos membros da ORGA, pero a chegada da CEDA ao poder en 1933 aparcou o proxecto. Foi alcalde de Betanzos do 30 de maio de 1933 ao 18 de outubro de 1934. En 1934 protagonizou con Xoán Xesús González e Xaime Quintanilla unha escisión no PSOE galego que deu lugar á Unión Socialista Galega (USG). En 1936 volveu á disciplina do PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 permaneceu fuxido ocultándose nun alboio de Touriñao na súa parroquia de Tiobre, mentres a familia facía crer que se atopaba exiliado en México.
Desde o seu agocho constiuíu unha organización socialista clandestina xunto co exalcalde de Paderne, José Pérez, Tomás Pérez do Porto, Antonio Gabín, Ricardo Lagares e outros militantes das sociedades agrarias.[1] O 8 de setembro de 1945 convocou unha reunión nos montes de Obre, con cita previa no cemiterio de Obre para despois trasladarse ao monte, á que acudiron dez compañeiros, e na que se elixiu un Comité Pro-presos para recoller axuda económica para estes. Compuñan o comité Tomás Pérez do Porto, Ricardo Lagares e os irmáns Germán e Manuel Castro Naveira. O diñeiro recadado levávase á Coruña e entregábase a Manuel Rodríguez, un compañeiro asturiano que vivía refuxiado nun bar do barrio de Catro Camiños, que se encargaba de facelo chegar aos compañeiros presos ou ás súas familias. A organización foi desarticulada pola policía o 10 de maio de 1946, os seus compoñentes foron detidos e torturados e Manuel Rodríguez foi asasinado. Entregouse en 1947, foi xulgado na Coruña por rebelión e condenado a 20 anos de prisión. Finou en Tiobre o 3 de xullo de 1956 con 56 anos.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Consuelo Dopico Méndez e foi pai de Andrés, Manuel, Dolores, Socorro, Consuelo, Ramón, Marsina e Carmen Beade Dopico.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bozzo, Alfonso (1976). "La autodeterminación gallega". Historia 16 (6).
- Erias Martínez, Alfredo (2001). "Unha viaxe polo Betanzos dá Segunda República: proclamación, anticlericalismo e vinganza" (PDF). Anuario Brigantino (24): 291–376. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- Lagares Pérez, Antonio (1993). "A primeira Corporación Municipal da II República en Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino (16): 171–174. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- Sáez Baquedano, Mª Lucía (2001). "La proclamación de la II República en Betanzos" (PDF). Anuario Brigantino (24): 283–290. Consultado o 12 de xullo de 2013.
- Torres Regueiro, Xesús (2006). "1936-1939 As vítimas betanceiras da represión" (PDF). Anuario Brigantino (29): 273–318.
Predecesor: José Novo Rodríguez |
Alcalde de Betanzos 1933 - 1934 |
Sucesor: Víctor Cancela Noguerol |
Predecesor: Víctor Cancela Noguerol |
Alcalde de Betanzos 1936 |
Sucesor: Tomás López da Torre |