Ramón Arias Roca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Arias Roca
Biografía
Nacemento1946 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirixente deportivo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosJavier Arias Fouz Editar o valor em Wikidata

Ramón Arias Roca, nado en 1946,[1] é arquitecto técnico e foi concelleiro no concello de Lugo polo Partido Popular de Galicia (PPdeG). Con anterioridade foi segundo tenente de alcalde do concello de Lugo e responsable da concellería de Urbanismo e Territorio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Graduouse na Escola de Arquitectos Técnicos de Barcelona en 1974 e comezou a súa actividade profesional en 1976 en Lugo. Obtivo praza de aparellador municipal en Mondoñedo, Rábade, Meira, Friol, Baleira e Castro de Rei. En 1977 accede á praza de Arquitecto Técnico da Deputación de Lugo, na que foi xefe do servizo de Urbanismo e Arquitectura.

Asemade, foi Conselleiro da RTVG e Presidente do mesmo ente, Secretario do colexio oficial de Aparelladores, Presidente da Federación Lucense de Piragüismo, Vicepresidente do Club Náutico de Sada e Presidente de honra da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo

En 1995, presentouse ás eleccións municipais polo Partido Popular e en 1999 encabezou a súa lista electoral,[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. vieiros.com (ed.). "Ramón Arias Roca, candidato do PP por Lugo". Arquivado dende o orixinal o 01/07/2007. Consultado o 19/12/2010. 
  2. vieiros.com (ed.). "Candidaturas por Lugo". Arquivado dende o orixinal o 01/07/2007. Consultado o 19/12/2010.