Ramiro Valdés Menéndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramiro Valdés Menéndez
Raúl-Castro-Faure-Chomón-Ramiro-Valdés.jpg
Nacemento28 de abril de 1932
 Artemisa
NacionalidadeCuba
Ocupaciónpolítico e militar
PremiosOrder of Friendship, Heroe da República de Cuba e Ordem de Playa Girón
editar datos en Wikidata ]

Ramiro Valdés Menéndez, nado en Artemisa, antiga provincia da Habana, o 28 de abril de 1932, é un militar e político cubano, un dos veteranos participantes na Revolución Cubana dende a acción militar que lle deu inicio o 26 de xullo de 1953, o asalto ao Cuartel Moncada.

Ostenta desde 1976 o grao militar honorífico de Comandante da Revolución ademais do título de Heroe da República de Cuba. Foi vicepresidente do Consello de Estado e do Consello de Ministros de Cuba dende 2009 a 2019.[1] No VI Congreso do PCC, foi ratificado como membro do Buró Político.

Etapa da loita armada[editar | editar a fonte]

En 1953, aos 22 anos, uniuse a Fidel Castro no movemento armado que asaltou o cuartel de Moncada en Santiago de Cuba, para comezar a loita que derrocaría ao presidente Fulgencio Batista. Estivo entre os oito atacantes seleccionados para ocupar o posto principal do cuartel de Moncada e foi o primeiro en penetrar no cuartel, tras baixar a cadea que impediu o paso nesa zona, xunto cos seus compañeiros de equipo José Ponce e Jesús Montané. A pesar de ser un dos últimos en abandonar a frustrada acción, sobreviviu aínda que resultou ferido leve.

Foi detido días despois e xulgado polo Tribunal de Urxencia de Santiago de Cuba, encarcerado no presidio nacional da Illa de Pinos até beneficiarse da amnistía en maio de 1955. Durante este ano sufriu novamente prisión polas súas actividades revolucionarias ata que puido trasladarse a México, onde axudou a organizar e adestrar a expedición do Granma, que desembarcaría na provincia de Oriente o 2 de decembro de 1956.

Durante o desembarco foi nomeado xefe dunha das escuadras e segundo ao mando do Pelotón da Retagarda que dirixía Raúl Castro.

Posteriormente foi designado segundo xefe da Columna Nº 8 "Ciro Redondo", encabezada polo comandante Ernesto Che Guevara e participou xunto a este na invasión de oriente a occidente.

É un dos tres xefes históricos da Revolución cubana que participou nas tres acciones decisivas no triunfo revolucionario de xaneiro de 1959: O asalto ao cuartel Moncada, a expedición e desembarco do iate Granma e a Invasión de oriente a occidente.

Colaboración con países veciños[editar | editar a fonte]

Ramiro (no extremo dereito) xunto a Raúl Castro (centro) e Faure Chomón (esquerda).

En xaneiro de 2010, o Presidente de Venezuela, Hugo Chávez, anunciou que Ramiro Valdés encabezaría a comisión creada polo goberno nacional, a fin de enfrontar a grave crise enerxética que vivía o país suramericano.

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Recibiu o título de Heroe da República de Cuba.[2]

En 2003 foi condecorado coa Medalla Conmemorativa 50 Aniversario do 26 de xullo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Os dous últimos históricos da Revolución saen do Consello de Estado de Cuba". Sermos Galiza. 11 de outubro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2019. 
  2. "Miembros del Consejo de Estado". Latin American Studies. 24 de febrero de 2008. Consultado o 10 de mayo de 2015. 
  3. "Efemérides cubanas: La Historia el 26 de julio". Televisión Camagüey. 25 de julio de 2013. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 22 de marzo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]