Ramiro Bravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamiro Bravo
Biografía
Nacemento29 de maio de 1962 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992Xogos Olímpicos de 1992 Editar o valor em Wikidata

Ramiro Bravo Díaz, nado na Coruña o 29 de maio de 1962, é un ex-esgrimista galego. Especialista na modalidade de florete, foi campión de España e competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou practicando judo no Club Shiai da Coruña, co que se proclamou campión de España cadete por equipos.[1] En 1976 pasou á esgrima co mestre de armas Félix Rodríguez, e pronto destacou nas categorías inferiores,[2] logrando un cuarto lugar no Campionato de España cadete de florete de 1977, o subcampionato sub-20 en 1981 e o campionato sub-20 en 1982.[3][4][5]

Xa na categoría absoluta, en 1985 proclamouse subcampión de España de florete, por detrás do catalán Miquel Roca, e rematou o ano como número 1 do ránking nacional.[6] En 1986 proclamouse campión, despois de derrotar na final a Javier Calvo.[7] Nos seguintes anos participou no Campionato Mundial de Esgrima e foi preseleccionado para os Xogos Olímpicos de 1988, aínda que finalmente non foi elixido.

Competiu nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, participando en dúas probas: florete individual e florete por equipos. Na proba individual eliminou na primeira rolda ao hongkonés Wu Xing Yao, caendo na segunda contra o húngaro Zsolt Érsek, medallista en Seúl 1988. Na repesca perdeu o seu enfrontamento contra o francés Patrick Groc, medallista nos Ánxeles 1984.[8] Na proba por equipos participou co equipo español que completaban Andrés García, José Francisco Guerra, Andrés Crespo e Jesús Esperanza, quedando encadrados no grupo de Francia e o Equipo Unificado, e perdendo os enfrontamentos contra ambos equipos.[9]

A partir de entón centrouse na súa labor como mestre de esgrima, traballo que levaba realizando dende había anos. En 1994 proclamouse en Graz campión do mundo de mestres de esgrima, na modalidade de florete.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ramiro Bravo: «La esgrima es un deporte barato y para destacar se precisa tener elasticidad y constancia»". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de xaneiro de 1987. p. 46. 
  2. "El coruñés Ramiro Bravo aspira al campeonato del mundo". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de marzo de 1982. p. 52. 
  3. "El coruñés López Cabanillas, campeón de España de florete (cadetes)". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de maio de 1977. p. 40. 
  4. "El coruñés Ramiro Bravo, subcampeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de marzo de 1981. p. 49. 
  5. "El coruñés Bravo, campeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de marzo de 1982. p. 39. 
  6. "Ramiro Bravo, subcampeón de España". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 1985. p. 37. 
  7. "El coruñés Ramiro Bravo, campeón de España de florete". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xuño de 1986. p. 32. 
  8. "Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1992 (florete individual)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2021. 
  9. "Esgrima nos Xogos Olímpicos de 1992 (florete por equipos)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2021. 
  10. "Ramiro Bravo se proclamó vencedor ante 29 tiradores de 12 países". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de agosto de 1994. p. 49. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]