Ramón Sanjurjo Neira
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1864 Santiago de Compostela |
| Morte | 16 de novembro de 1925 Vilagarcía de Arousa |
| Actividade | |
| Ocupación | político, avogado |
| Familia | |
| Pai | Ramón Sanjurjo Pardiñas |
Ramón Sanjurjo Neira Pardiñas, Marqués de Casa Pardiñas, nado en Santiago de Compostela en 1864 e finado en Vilagarcía de Arousa o 16 de novembro de 1925, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ramón Sanjurjo Pardiñas Villardefrancos, primeiro Marqués de Casa Pardiñas. Emparentado coa casa de Brandeso a través da súa nai Sofía Neira Flórez, con importantes propiedades en Melide e noutros lugares. Foi elixido deputado polo distrito de Corcubión nas eleccións de 1901, 1903 e 1905. Dende 1907 até 1919 foi elixido polo distrito de Arzúa. A el atribúeselle a apertura da liña telefónica entre Melide e Arzúa en 1910.
Casou con María Luisa Mayo Araujo, sen sucesión[1], pasando o título de Marqués de Casa Pardiñas á súa irmá Ramona Sanjurjo Neira Pardiñas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.