Ramón Muñiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ramón Muñiz
Nacemento6 de agosto de 1942
 Ourense
Falecemento30 de novembro de 2018
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsociólogo e político
editar datos en Wikidata ]

Ramón Muñiz de las Cuevas, nado en Ourense o 6 de agosto de 1942 e finado o 30 de novembro de 2018,[1] foi un sociólogo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, funcionario estatal, traballou como sociólogo rural no Servizo de Extensión Agraria, despois foi transferido á Xunta de Galicia no ámbito dos servizos sociais, exercendo no goberno tripartito de xefe de servizo de planificación. Experto en temas sociais, promoveu varias ONG como a Asociación de Traballo Social Comunitario da que foi presidente e a Rede Galega de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social, actuando como vicepresidente.

Foi membro da dirección nacional da UPG na época da clandestinidade. Fundador dos CALL (Comités de Axuda á Loita Labrega) e promotor das Comisións Labregas e da ANPG na clandestinidade. Tamén foi un dos promotores e fundadores do BNG e membro da súa primeira Dirección Nacional como independente.

Foi presidente da "Irmandade Moncho Valcarce". Tamén articulista do xornal galego de información xeral A Peneira e da súa edición dixital.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Os labregos diante da loita de Liberación Nacional, 1979.
  • Aspectos sociolóxicos da montaña galega, a familia, a comunidade e a ideoloxía.
  • Estudio sobre a muller na sociedade agraria galega.
  • Alternativas estructurais e produccións agrícola-ganadeiras, 1988.
  • A muller na agricultura, 1988.
  • O pobo oculto: pobreza e acción social en Galicia, 1996, A Nosa Terra.
  • Guía das fervenzas da Coruña, 2001, Edicións do Cumio.
  • Benvida maldita vellez, 2004, Laiovento.
  • Guía das fervenzas de Pontevedra, 2006, Edicións do Cumio.
  • Guía das fervenzas de Lugo e Ourense, 2009, Edicións do Cumio.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]