Ramón López Carrozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ramón López Carrozas, O. de M.
Biografía
Nacemento31 de agosto de 1937 en Sarria, provincia de Lugo
Pasamento28 de abril de 2018 en Teresina, Piauí], Brasil
Ordes
Ordenación sacerdotal10 de abril de 1960
Consagración episcopal27 de maio de 1979, por Xoán Paulo II
Orde relixiosaOrde da Mercé
Bispo de Bom Jesus do Gurguéia
1989 - 2014
PredecesorJosé Vázquez Díaz
SucesorMarcos Antônio Tavoni

Ramón López Carrozas, nado en Sarria o 31 de agosto de 1937, é un bispo católico e frade mercedario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Relacionado familiarmente coa Orde da Mercé, foi ordenado sacerdote o 10 de abril de 1960 no mosteiro de Poio. Estudou teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca, e especializouse en teoloxía dogmática.

En 1967 instálase no Brasil como crego e o 26 de abril de 1979 foi nomeado bispo auxiliar de Piauí, no Brasil, diocese que ocupou ata que dez anos máis tarde, en 1989 moi nomeado bispo de Bom Jesus do Gurguéia, subsidiaria da anterior, por Xoán Paulo II.