Rally Illas Canarias (1973-1992)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rally Illas Canarias
Fiat 128 Rally de José Manuel Ucha e Jesús Segura, vencedores da primeira edición.
Fundación1973
RexiónIllas Canarias Illas Canarias
CopaEspaña CERA

O Rally Illas Canarias foi unha proba de rally que se celebrou de 1973 a 1992 nas illas de Gran Canaria e Tenerife. Chamado inicialmente Rally Illas Canarias, celebrouse como Rally Ciudad de Santa Cruz de 1979 a 1985 e en 1986 recuperou o nome orixinal ata 1992, o seu último ano. Foi puntuable para o Campionato de España de Rallys na maioría das súas edicións.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeira época[editar | editar a fonte]

A comezos dos anos 70 as competicións de motor en Canarias estaban paralizadas debido a un accidente ocorrido a finais dos anos sesenta nunha carreira de resistencia disputada nun circuíto. En 1972, a Escudería Drago xunto coa federación local decidiron realizar unha proba de rally co fin de que puntuase para o Campionato de España. Na súa primeira edición disputouse en dúas etapas, unha en Gran Canaria e outra en Tenerife. A lista de inscritos foi curta, de só 26 equipos, todos eles canarios. A orde de saída realizouse por sorteo e o formato contaba con saída o domingo 22 de xullo cun itinerario de 453 km que percorría o suroeste da Illa. Só quince coches remataron esa primeira etapa para afrontar a segunda cun trazado de 802 km e 13 tramos cronometrados, algúns deles en terra. O gañador da primeira edición do rally foi o equipo composto por José Manuel Ucha e Jesús Segura a bordo dun Fiat 128 Rally.[1] O ano seguinte as federacións de Tenerife e As Palmas organizaron a segunda edición, esta vez comezando en Tenerife e rematando en Gran Canaria. O gañador desa edición foi o piloto de SEAT, Antonio Zanini a bordo dun SEAT 1430-1800 acompañado no podio polo seu compañeiro de equipo Salvador Cañellas. Esa sería a última edición na que ambas federacións traballaron xuntas xa que en anos posteriores alternáronse na organización da proba. En 1975 o itinerario tiña 11 tramos cronometrados sobre un total de 411 km dos cales 204 estaban eran sobre terra. A lista de inscricións mellorou significativamente e apareceron na illa cincuenta equipos. A proba foi igual de dura que en anos anteriores e só once pilotos cruzaron a liña de meta, sendo o gañador Manuel de Aguilar cun Toyota Celica . A cuarta edición, celebrada en 1976, presentou unha lista de inscritos máis pobre e só tres pilotos de renome: Fernando Lezama, Eugenio Ortiz e Ricardo Muñoz. A proba perdeu protagonismo fronte ao Rally Maspalomas, que o superaba con creces en canto a premios en metálico. De 42 equipos, só trece remataron a carreira, sendo o gañador Miguel Ángel Domínguez, coa peculiaridade de que os tres pilotos do podio pilotaban tres Mitsubishi Lancer 1600 GSR procedentes do Campionato do Mundo. O Rally Costa de Marfil, que ese ano estaba no calendario mundial, foi suspendido e os Lancer destinados a competir en dita proba desembarcaron no porto das Palmas e posteriormente foron adquiridos polos pilotos locais.[2]

En 1977 a proba non se celebrou debido ao mal entendemento entre as federacións, polo que os organizadores do Rally Maspalomas, para non perder unha proba do campionato nacional, organizaron unha edición baixo o nome de IV Rallye Maspalomas - V Rallye Islas Canarias.[3]

Segunda época[editar | editar a fonte]

En 1979 a proba recuperouse pero baixo o nome de Rally Ciudad de Santa Cruz. Tres anos despois, volveu acadar puntuación para o Campionato de España con coeficiente 3. Celebráronse sete edicións con este nome e os gañadores deses anos foron, entre outros, Carlos Alonso-Lamberti (1981), Medardo Pérez (1982), José Luis Rivero (1983) e Carlos Sainz (1985). En 1986, a Escudería Anaga rexistrou o nome de Rally Illas Canarias, o que marcou o comezo da segunda etapa do evento, recuperando tanto o nome como as edicións. O gañador desa primeira edición (1986) foi Antonio Zanini a bordo dun Ford RS 200 co que sumou a súa segunda vitoria na proba. En 1987 Carlos Sainz venceu de novo, aos mandos do Ford Sierra RS Cosworth. Máis tarde, Salvador Serviá gañou en 1988 e Jesús Puras en 1990 ambos con Lancia Delta Integrale, Luis Monzón en 1991 cun Ford Sierra RS Cosworth 4x4 e Ricardo Avero co Mitsubishi Galant VR4 en 1992. Ese foi o último ano da proba, aínda que anos despois o Rally El Corte Inglés, que tamén se celebrba nas illas e puntuaba para o Campionato de España, recuperou o nome de Rally Illas Canarias.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Edición Piloto Copiloto Vehículo Cto
1973 1º Rally Islas Canarias[4] España José Manuel Ucha España Jesús Segura Gil Fiat 128 Rally España
1974 2º Rally Islas Canarias España Antonio Zanini España Eduardo Martínez Adam Seat 1430-1800 España
1975 3º Rally Islas Canarias España Manuel de Aguilar España Juan Manuel Sarmiento Toyota Celica GT España
1976 4º Rally Islas Canarias España Miguel Ángel Domínguez España Juan J. Blanco Mitsubishi Colt Lancer 1600 GSR España
1977 5º Rally Islas Canarias España Ángel Dávila España José Ortega BMW 2002 Ti Alpina España
1979 1º Rally Ciudad de Santa Cruz España Juan Manuel Gimeno España Miguel Mascareño Lancia Beta 2000 Coupé
1980 2º Rally Ciudad de Santa Cruz España Medardo Pérez España Juan José Alonso Prieto BMW 320
1981 3º Rally Ciudad de Santa Cruz España Carlos Alonso-Lamberti España Víctor Rodríguez Opel Ascona 2.0
1982 4º Rally Ciudad de Santa Cruz España Medardo Pérez[5] España Medina BMW 323i España
1983 5º Rally Ciudad de Santa Cruz España José Luis Rivero España Juan Cruz BMW 323i
1984 6º Rally Ciudad de Santa Cruz España Carlos Alonso-Lamberti España José Sarmiento Opel Ascona 400 Copa
1985 7º Rally Ciudad de Santa Cruz España Carlos Sainz[6] España Antonio Boto Renault 5 Maxi Turbo España
1986 5º Rally Islas Canarias España Antonio Zanini España Josep Autet Ford RS 200 España
1987 6º Rally Islas Canarias España Carlos Sainz España Antonio Boto Ford Sierra RS Cosworth España
1988 7º Rally Islas Canarias España Salvador Serviá España Jordi Sabater Lancia Delta Integrale España
1990 8º Rally Islas Canarias España Jesús Puras España José Arrarte Lancia Delta Integrale España
1991 9º Rally Islas Canarias España Luis Monzón España Jose M. Rodríguez Ford Sierra RS Cosworth España
1992 10º Rally Islas Canarias España Ricardo Avero España Nazer Ghuneim Mitsubishi Galant VR4 España

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alonso, Juan J. "I Rallye Islas Canarias: 23-25 de julio de 1973 (Retromotor Extra)". motor2000.net (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  2. Alonso, Juan J. (20 de abril de 2010). "I Rallye Islas Canarias: 23-25 de julio de 1973 (Retromotor Extra) - Tres ediciones más...". motor2000.net (en castelán). Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Alonso, Juan J. (20 de abril de 2010). "I Rallye Islas Canarias: 23-25 de julio de 1973 (Retromotor Extra) - Rallye Islas Canarias, segunda época". motor2000.net. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  4. "Historico clasificacións 1971" (PDF). RFEDA (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  5. "El año del calendario interminable.". khrallyteam.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  6. "El debut como piloto oficial de Renault". Scalextric, Carlos Sainz Limited Edition. Altaya. 2005. p. 20. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]