Francisco de Federico Riestra
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de xullo de 1846 Pontevedra |
| Morte | agosto de 1932 Miraflores de la Sierra |
| | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Pai | Francisco de Federico Martínez |
Francisco de Federico Riestra, nado en Pontevedra o 12 de xullo de 1846 e finado en Miraflores de la Sierra en agosto de 1932, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco de Federico Martínez e sobriño do marqués de Riestra. Licenciado en Dereito Civil e Canónico. Iniciou a súa carreira política no Partido Liberal sendo elixido deputado polo distrito de Redondela nas eleccións de 1910. Volveu ser elixido polo mesmo distrito nas eleccións de 1914 e 1916. Renunciou como deputado en 1916 para desempeñar o cargo de gobernador civil de Alacant. En novembro de 1917 foi nomeado gobernador civil de Santander,[1] e en abril do ano seguinte pasou ao goberno civil de Huelva.[2] Volveu ocupar o cargo de gobernador civil de Alacant en decembro de 1918. Finou en Miraflores de la Sierra en agosto de 1932.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 19 de abril de 1909 con María Luisa Garralda Calderón, filla dos marqueses de Reinosa e condes de Autol. Enviuvou en decembro de 1919 e volveu casar. Tivo cinco fillos.