Raimundo Riestra Calderón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Raimundo Riestra»)
Raimundo Riestra Calderón
Nacemento1882
Lugar de nacementoPontevedra
Falecemento10 de agosto de 1967
Lugar de falecementoIlla da Toxa
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiJosé Riestra López
FillosAntonio Riestra del Moral
IrmánsVicente Riestra Calderón
editar datos en Wikidata ]

Raimundo Riestra Calderón, nado en Pontevedra en 1882 e finado na illa da Toxa o 10 de agosto de 1967, foi un avogado, banqueiro e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo primoxénito de José Riestra López, á súa morte en 1923 herdou o título de Marqués de Riestra. Foi xefe de Fomento da provincia de Pontevedra e director do xornal pontevedrés La Correspondencia Gallega.

Comezou a súa carreira política como deputado polo distrito da Estrada, substituíndo a Antonio Aguilar Correa en 1908. Preséntase de novo en 1910 e 1914 polo mesmo distrito, sendo proclamado polo artigo 29 da Lei electoral. En 1917 foi elixido deputado polo distrito de Redondela para cubrir a vacante do seu curmán Francisco de Federico Riestra, e novamente elixido polo mesmo distrito en 1918 e 1919. En 1918 foi nomeado Subsecretario da Presidencia do Consello de Ministros. Foi xerente do Balneario da Toxa tralo cesamento de Rafael Sanz-Diez nos anos corenta ata a súa morte.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en 1907 con María del Moral Sanjurjo, filla de Antonio del Moral López. É pai de Antonio Riestra del Moral.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]