Raimundo Aguiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raimundo Aguiar
Raimundo Aguiar Álvarez 1930.jpg
Nacemento1918
Lugar de nacementoMondoñedo
Falecemento3 de agosto de 1968
Lugar de falecementoMondoñedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxuíz
PaiSeveriano Aguiar Moirón
editar datos en Wikidata ]

Eugenio Raimundo Aguiar Álvarez, nado en Mondoñedo en 1918 e finado na mesma vila o 3 de agosto de 1968,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Severiano Aguiar Moirón. Estudou o bacharelato no Colexio La Sagrada Familia dos Maristas, rematando en 1930.[2] Fixo Dereito na Universidade de Santiago de Compostela rematando en 1935.[3] Foi membro de Ultreya e miltante do Partido Galeguista, co que participou en varios mitins sendo estudande de Dereito en Compostela,[4][5] e representou á agrupación de Mondoñedo do Partido Galeguista.[6] Co seu paisano Álvaro Cunqueiro defínense como nacionalistas contrarios ao marxismo e forman parte da dereita galeguista.[7] Foi membro da Sociedad Poliesportiva Mindoniense.[8] Colaborou en Galiza, Vallibria, El Pueblo Gallego e El Eco de Santiago.[9]

Na guerra combateu no exército franquista.[10] En 1944 participou nas oposicións para ingreso nos Cursos Especiais de Secretaria de Administración Local na Escola Nacional de Administración e Estudos Urbanos,[11] e en 1946 fixo as oposicións para o ingreso na carreira de xuíz comarcal.[12] Foi xuíz comarcal de Ponteceso, e en 1948 pasou a ser xuíz comarcal de Arzúa.[13][14] Finou en Arzúa o 3 de agosto de 1968,[15] e foi soterrado en Mondoñedo.[16]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María de los Remedios González-Redondo Maseda, filla de Jorge González-Redondo Serrano, e foi pai de María Remedios, Luisa María, María del Pilar e María del Carmen Aguiar González-Maseda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 4-8-1968, p. 7.
  2. El Ideal Gallego, 5-10-1930, p. 8.
  3. Vida Gallega, 20-10-1935, p. 44.
  4. El Pueblo Gallego, 23-3-1932, p. 8.
  5. El Pueblo Gallego, 20-7-1934, p. 6.
  6. El Progreso, 22-12-1932, p. 2.
  7. Suárez, Xosé Manuel (1993). O alzamento de 1936 no norte da Coruña. Sada: Do Castro. p. 61. 
  8. La Voz de Galicia, 28-6-1936, p. 10.
  9. El Eco de Santiago, 23-4-1934, p. 1
  10. Vallibria, 28-8-1938, p. 4.
  11. BOE, 16-11-1944, p. 8621.
  12. BOE, 16-2-1945, p. 1352.
  13. El Progreso, 23-7-1948, p. 7.
  14. "Orden de 24 de noviembre de 1961 por la que se promueve a la segunda categoría de Juez comarcal a don Eugenio Raimundo Aguiar Álvarez." (PDF). Boletín Oficial del Estado (289): 17113. 4 de decembro de 1961. 
  15. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 4-8-1968, p. 18.
  16. El Progreso, 8-8-1968, p. 7.