Galiza (Mondoñedo)
Galiza | |
---|---|
País | España |
Lugar | Mondoñedo |
Lingua | lingua galega |
[ editar datos en Wikidata ] |
Galiza foi unha revista editada en Mondoñedo entre 1930 e 1932.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu o 25 de xullo de 1930 como unha revista cultural e estaba dirixida por Álvaro Cunqueiro. Só editou cinco números e contiña artigos políticos de esquerda e nacionalista e culturais. Entre os seus colaboradores estaban Francisco Fernández del Riego, Raimundo Aguiar e Salvador de Madariaga. Publicou as notas inéditas "Nacionalismo e socialismo" de Xoán Vicente Viqueira. Entre os colaboradores literarios estaban Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco e Villar Ponte; poemas galegos de Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza-Brey, Ricardo Carballo Calero, Eduardo Blanco Amor, Xosé Otero Espasandín e Eugenio Montes; e os casteláns "Brazos vacíos", de José Ramón Santeiro, e "Despedida a Manuel Antonio", de Xulio Sigüenza. Cesou a súa edición en 1932.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Galiza". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Galiza". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Alonso Girgado, L. (int.); Rodrigues, A.; Eguizábal Gándara, B. (1999). Galiza (Mondoñedo 1930-1933). CIRP - Xunta. ISBN 84-453-2402-0.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.