Ragdoll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplar de ragdoll.

O ragdoll (en inglés literalmente "boneca de trapo") é unha raza de gato característica pola súa docilidade extrema. Os ragdolls adoran os seus donos humanos e non lles gusta estar sós.

Mutacións naturais e cruzamentos selectivos forzados entre razas moi domésticas coma a siamesa, a persa e a birmana privaron a este gato de calquera instinto de defensa. Reacciona pouco ó perigo, móstrase dócil e tranquilo. É un gato caseiro e moi intelixente.

Unha particularidade do ragdoll consiste no feito de que cando se colle no colo é capaz de afrouxar os músculos e relaxarse de todo, ata volverse inerte e con consistencia de boneco. Esta característica é a que xustamente explica a orixe da súa denominación. Outra característica é a súa voz, que é debilísima, e raramente miaña, ata o punto de que é necesario vixialo para asegurarse de que non teña ningún problema.

Características[editar | editar a fonte]

O ragdoll é un gato de pelaxe longa ou semilonga, con tres variedades de patrón: colorpoint, bicolor, e mitted. Os colorpoint (tamén coñecido como xene siamés) identifícanse porque teñen unha cor diferente ó branco nas extremidades, os bicolor dúas cores e os mitted porque teñen o queixelo branco e "luvas" brancas.

As cores da pelaxe poden ser marrón (seal), agrisado (blue), chocolate, e lila, tanto na cara coma nos pes. Tamén existen con outras cores menos tradicionais coma crema, avermellado coma unha chama (flame) e tipo lince.

A súa pelaxe necesita un coidado mínimo, e non se anuda se se peitea regularmente.

Os gatos da raza Ragdoll tardan uns tres anos en alcanzar por completo o desenvolvemento físico maduro. Un Ragdoll adulto macho pode pesar entre 5,4 e 9 quilogramos e chegar a medir 90 centímetros de longo mentres que o peso da femia oscila entre os 4,5 e 6,8 kg.

Referencias[editar | editar a fonte]

  • Ragdoll Standar FIFe.
  • Ragdoll J. Anne Helgren (2006). Telemark Productions.
  • "Welcome to the Governing Council of the Cat Fancy",[1]
  • Understanding Cat Behaviour. The Complete Feline Problem Solver Roger Tabor (2003). P 33.
  • Do cats always land on their feet Gina Spadafori, Marty Becker.
  • The Cat: Its Behaviour, Nutrition and Health Linda P. Case, Kerry Helms, Bruce Macallister (2003). P 31.
  • Ragdoll Breed standard Governing Council of Cat Fancy.
  • Ragdoll Breed Standard Cat Fanciers' Association.
  • Breed Profile Cat Fanciers' Association.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gccfcats". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2012. Consultado o 31 outubro 2014.