Rafael Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Piñeiro
Biografía
Nacemento1949 Editar o valor em Wikidata (74/75 anos)
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Delegado de polícia (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
New York Institute of Technology
Brooklyn Law School (en) Traducir
Escola de Goberno John F. Kennedy
Robert F. Wagner Graduate School of Public Service (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Rafael Piñeiro Alonso, nado en Valencia en 1949, é un policía cubano-estadounidense de ascendencia galega. É o comisionado adxunto do Departamento de Policía de Nova York (NYPD).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun coruñés e unha cubana, naceu en Valencia en 1949.[1][2] Aos 6 meses emigrou coa súa familia a Cuba, onde se criou ata os 12 anos, antes de que a familia se instalase nos Estados Unidos.[3] Despois de graduarse no New York Institute of Technology cunha licenciatura en Ciencias da Conduta, ingresou na Policía de Nova York en xuño de 1970, tras graduarse como o número 1 da súa clase da Academia de Policía de Nova York e de recibir o Premio do Xefe de Persoal por ter as puntuacións académicas e físicas máis altas.[4]

Foi ascendendo durante os seguintes anos e no 2002 foi nomeado Xefe de Persoal da Policía de Nova York. En 2010 ascendeu a Comisionado Adxunto, o segundo rango máis alto da policía neoiorquina.[5] Tralas eleccións á alcaldía de Nova York de 2013, gañadas por Bill de Blasio, foi un dos candidatos para suceder a Ray Kelly como comisario da policía de Nova York, posto que finalmente foi para William Bratton.[6][7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Orden al Mérito Civil de España al comisionado adjunto de NYPD" (en castelán). 6 de decembro de 2012. Consultado o 3 de xuño de 2022. 
  2. "El gallego que vigila Nueva York". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de maio de 2005. Consultado o 3 de xuño de 2022. 
  3. "Rafael Pineiro: Veteran Cop Looks To Become First Latino NYPD Commissioner" (en inglés). 22 de decembro de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2022. 
  4. Correal, Annie; Newman, Andy (12 de novembro de 2013). "New York Today: A Hispanic Police Commissioner?". The New York Times (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2022. 
  5. "New York City – NYPD Taps First Hispanic To Highest Rankings" (en inglés). 27 de xaneiro de 2010. Consultado o 3 de xuño de 2022. 
  6. "Latino Officers: Pineiro Should Be Next NYPD Commissioner" (en inglés). 20 de outubro de 2013. Consultado o 3 de xuño de 2022. 
  7. Ti-hua, Chang (13 de novembro de 2013). "Bill de Blasio's many choices Archived at the Wayback Machine." Fox 5. November 12, 2013." (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o 3 de xuño de 2022. 
  8. Parascandola, Rocco (15 de novembro de 2013). "'I have all the credentials': First Deputy Commissioner Rafael Pineiro makes his case to lead the NYPD". New York Daily News (en inglés). Consultado o 3 de xuño de 2022.