Rafael Ochoa Carrasco
Rafael Ochoa Carrasco | |
---|---|
Nacemento | 1906 |
Vilagarcía de Arousa | |
Francia | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre, pintor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rafael Ochoa Carrasco, nado en Vilagarcía de Arousa en 1906 e finado en Francia, foi un mestre, pintor e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Rafael Ochoa Rodríguez, factor do ferrocarril no Carril. En 1910 instalouse coa familia a Pontecesures ao ser nomeado o seu pai xefe desta estación. Estudou o Bacharelato no Instituto de Pontevedra. Ceramista e debuxante, foi discípulo de Carlos Maside. Foi pensionado pola Deputación de Pontevedra en 1930 para estudar a cerámica española e francesa. En Pontecesures estivo á fronte da fábrica de cerámica Celta. Militou no Partido Comunista. En 1933 marchou coa súa familia a Ourense, onde o seu pai fora trasladado como xefe de estación. Colaborou con deseños en La Zarpa. Preso na guerra, foi internado nun campo de refuxiados en Francia. Despois instalouse en París. Morreu no exilio.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García Domínguez, Raimundo (2002). Universidade, ed. O novelo dos anacos e outros exemplos (2000-2001). Santiago de Compostela. pp. 74–76. ISBN 84-9750-123-3. Consultado o 5 de outubro de 2013.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Rafael Ochoa Carrasco na páxina web Nomes e Voces.