Rafael Larreina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Larreina

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Rafael Larreina Valderrama Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de maio de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Vitoria Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
12 de decembro de 2011 – 27 de outubro de 2015

Circunscrición electoral: Gipuzkoa (constituency) (en) Traducir

Deputado do Parlamento do País Vasco
16 de maio de 2005 – 3 de abril de 2009

Circunscrición electoral: Áraba
Deputado do Parlamento do País Vasco
8 de xuño de 2001 – 16 de maio de 2005

Circunscrición electoral: Áraba
Deputado do Parlamento do País Vasco
28 de xaneiro de 1999 – 8 de xuño de 2001
← Francisco José Ormazabal (en) Traducir

Circunscrición electoral: Áraba
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de novembro de 1994 – 25 de novembro de 1998

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento do País Vasco
18 de decembro de 1990 – 30 de novembro de 1994

Circunscrición electoral: Guipúscoa
Deputado do Parlamento do País Vasco
30 de xaneiro de 1990 – 3 de setembro de 1990
← Mercedes Villacián Peñalosa (en) Traducir

Circunscrición electoral: Áraba
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónIESE Business Schoo - administración pública (2007–2007)
Universidade do País Vasco - economía (1974–1979)
Universidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , empresario , economista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEusko Alkartasuna
Euskal Herria Bildu Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata

Rafael Larreina Valderrama, nado en Vitoria o 19 de maio de 1956, é un político vasco, pertencente ao partido independentista vasco Eusko Alkartasuna (EA).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 19 de maio de 1956 en Vitoria, no seo dunha familia traballadora. O seu pai fora condutor mecánico de bombeiros e un do catro primeiros condutores dos autobuses urbanos da cidade, e durante a Guerra Civil foi aviador da República e sufriu exilio en Francia, onde estivo recluído nos campos de Argelès-sur-Mer e en Gurs, e de volta a España sufriu o internamento no campo de concentración franquista da praia da Madalena de Santander e foi sometido a consello de guerra. A familia da súa nai nos comezos da guerra de 1936 formou parte dos grupos que agocharon a líderes do Partido Nacionalista Vasco que eran perseguidos polo réxime franquista.

Estudou Económicas na Universidade do País Vasco e posgrao no IESE. Foi membro activo dos movementos estudantís dos últimos anos de franquismo e primeiros da Transición, sendo elixido en varias ocasiones representante dos estudantes na Xunta de Facultade. Tamén nesa época declarouse obxector de conciencia negándose a cumprir o servizo militar obrigatorio e participou, activamente durante máis dunha década, nos movementos de obxección de conciencia e insubmisión contra o servizo militar obrigatorio (SMO) ou conscripción.

O seu labor profesional iniciouse como correspondente no País Vasco da revista Actualidad Económica (1978 – 1981), de onde pasou a dirixir o Departamento de Información Económica e Prensa en SEA Empresarios Arabeses (1982 – 1989) até a súa incorporación á política activa como parlamentario vasco. Desde xullo do 2009 a decembro de 2011 é director-xerente en RALAVA Consultores de Comunicación SL.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Realizou toda a súa actividade política dentro de Eusko Alkartasuna, formación da que foi un dos seus impulsores e formou parte da súa primeira executiva nacional provisional, en setembro de 1986 até o primeiro congreso fundacional de marzo de 1987. No segundo congreso do partido (abril de 1989) incorporouse á executiva nacional como responsable da secretaría de Comunicación, e desde entón formou parte das sucesivas executivas do partido como vicesecretario xeral, Secretario de organización, secretario de Política Institucional e, desde xuño de 2009, como secretario de Política Económica e Fiscal. Foi parlamentario vasco desde 1990 até 2009, perdendo o seu escano por un voto nas eleccións dese ano, nas que era cabeza de lista de EA por Álava. Nas lexislaturas 1998-2001, 2001-2005 e 2005-2009 foi o coordinador do grupo parlamentario de EA. Na última das devanditas lexislaturas foi vicepresidente segundo do Parlamento Vasco.

No Parlamento Vasco desenvolveu o seu traballo na Comisión de Dereitos Humanos, onde denunciou vulneracións de dereitos humanos, impulsou a adopción de medidas para evitar a tortura nos procesos de detención e foi un dos relatores na Lei de "Recoñecemento e Reparación ás Vítimas do Terrorismo", na Comisión de Industria e Enerxía, na de Economía e Facenda e na de Control dos medios públicos de comunicación do País Vasco.[1] Na VII Lexislatura formou parte tamén do relatorio da Proposta de Estatuto Político da Comunidade de Euskadi, o coñecido como Plan Ibarretxe.

Formou parte tamén do equipo municipal do alcalde de Vitoria, José Angel Corda, entre 1987 e 1990, como membro do Consello de Administración da Sociedade Municipal de Renovación do Centro histórico de Vitoria.

Como representante de Eusko Alkartasuna foi un dos asinantes do Pacto de Estella.

Tras as eleccións xerais de 2011, nas que figurou como número dous pola coalición Amaiur por Guipúscoa, foi elixido deputado. No Congreso dos Deputados foi voceiro do Grupo Mixto na Comisión de Economía e Competitividade e voceiro adxunto na Comisión Constitucional.[2]

Cesou no cargo ao acabar a X lexislatura o 27 de outubro de 2015. Nas eleccións xerais do 20 de decembro de 2015 figuraba no número dous da candidatura de EH Bildu por Guipúscoa, pero non logrou ser elixido nesta circunscrición.

Outros datos[editar | editar a fonte]

Desenvolveu unha longa traxectoria asociativa pertencendo a grupos como a Asociación Cultural Hegoalde, a Real Sociedade Bascongada de Amigos do País, o Club de Montaña Gasteiz, a Asociación Internet-Euskadi (asociación de internautas vascos) e Greenpeace.

É tamén católico practicante e membro numerario da prelatura do Opus Dei nunha de cuxas casas viviu e onde ocupou cargos de dirección.[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Parlamento Vasco". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 16 de novembro de 2016. 
  2. "Congreso dos deputados". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 21 de maio de 2019. 
  3. "Pax... In aeternum". El Mundo (en castelán). 31 de marzo de 1996. 
  4. Forcada, Daniel (29 de outubro de 2011). "Malestar en miembros del Opus: un 'numerario' irá de número dos en la lista de Amaiur". El Confidencial (en castelán). 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]