Radio Amistad
Radio Amistad | |
---|---|
Fundador(es) | Olegario Sotelo Blanco |
Sede | Casa Milá e Barcelona |
[ editar datos en Wikidata ] |
Radio Amistad foi unha emisora de radio fundada en Barcelona por Olegario Sotelo Blanco no ano 1985. A estación foi pechada poucos meses despois por orde da Generalitat de Cataluña.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Os estudios da radio estaban localizados na Pedrera, edificio obra de Antoni Gaudí e comezou a emitir antes de ter a concesión da licenza. O público da radio era a comunidade de emigrantes galegos en Barcelona emitindo principalmente en catalán, aínda que ao galego éralle reservado o 20% da programación. A radio tivo como os locutores destacados o propio Sotelo Blanco, Margarita Ledo Andión, Manuel Outeiriño e buscaba colaboradores entre os estudantes galegos da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Autónoma de Barcelona.[1]
Radio Amistad foi clausurada por orde das autoridades catalás por carecer de licenza.[2] Con todo, Olegario Sotelo Blanco sostén que a motivación do peche foi política. Segundo sinala o fundador, Ramón Piñeiro, entrevistado o día antes do peche, procurou mediar coa administración para que se mantivese a emisora, sen éxito.[3] Malia ao fracaso, algúns investigadores afirman que Radio Amistad supuxo un importante pulo para a radiodifusión en galego en Cataluña pois favoreceu o desenvolvemento de diferentes iniciativas como a ERGAC.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Blanco Campaña, Xosé Luis (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. pp. 371–372. ISBN 84-89947-73-2.
- ↑ "Olegario Sotelo Blanco". www.aelg.gal. Consultado o 2023-04-09.
- ↑ Sotelo Blanco, Olegario (1991). A emigración galega en Cataluña. Sotelo Blanco Edición. ISBN 978-8478241057.
- ↑ Rebolo Vázquez, Mónica (2004). "A voz dos emigrantes no século XXI: A radio galega en Cataluña". Grial 42 (164): 128–135.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
Blanco Campaña, X. L. (1999). Historia da radio en Galicia. Edicións Lea. pp. 371–372. ISBN 84-89947-73-2.
Sotelo Blanco, O. (1991). A emigración galega en Cataluña. Sotelo Blanco Edicións. ISBN 978-8478241057.