Radia Perlman
Radia Perlman | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de decembro de 1951 |
Portsmouth | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts |
Ocupación | informática teórica e enxeñeira de telecomunicacións |
Premios | Premios mulleres visionarias do Instituto Anita Borg, Premio SIGCOMM, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, Salón da Fama de Internet (EE.UU.) e ACM Fellow |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Radia Joy Perlman, nada en Portsmouth o 1 de xaneiro de 1951 é unha enxeñeira de telecomunicacións estadounidense. Inventora do protocolo Spanning Tree (STP), chave para a interconexión de redes de computadoras, recibe o apelativo (contra a súa vontade[1] ) de "nai de Internet" por este motivo.
Radia Perlman desenvolveu o protocolo STP mentres traballaba para a Dixital Equipment Corporation. É autora tamén de contribucións noutras áreas do deseño e a estandarización de redes, como os protocolos de enrutamento link-state.
Máis recentemente, inventou o protocolo TRILL para corrixir algunhas das deficiencias dos spanning trees. En 2020, está a traballar para Dell EMC.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Perlman aprendeu programación como parte do temario dunha clase de física no MIT. Conseguiu o seu primeiro emprego en 1971 como programadora a tempo parcial no Laboratorio de Intelixencia Artificial da mesma institución (naquel momento apodado "LOGO Lab"), programando depuradores.
Baixo a supervisión de Seymour Papert, deseñou e implementou unha versión infantil da linguaxe de robótica educativa LOGO, chamada TORTIS. Esta linguaxe, desenvolvida entre 1974 e 1976, estaba pensada para crianzas pequenas (as máis novas de 3 anos e medio de idade), que a empregaron para programar un robot educativo chamado Tartaruga. Por este motivo, Perlman é considerada unha pioneira no ensino de programación para crianzas.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Radia Perlman: Don't Call Me the Mother of the Internet". 2014-03-03.
- ↑ Morgado, Leonel; Cruz; Kahn. Radia Perlman – A pioneer of young children computer programming.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Radia Perlman ![]() |