Radcal
Radcal / RadCal / RADCAL | |
---|---|
Tipo | Calibración de radar |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos |
Destino actual | En órbita terrestre, fóra de servizo.[1] |
Data de lanzamento | 25 de xuño de 1993, 23:30 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Scout G1[3][5] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea, rampla SLC-5[3][6] |
Obxectivo da misión | Obxectivo para calibración de radares militares.[3][6] |
NSSDC ID | 1993-041A |
Masa | 89,3 kg[3] |
Dimensións | Octógono de 40,6 cm de alto e 76,2 cm de diámetro[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7192 km[1] |
Inclinación | 89,5 graos[1] |
Apoapse | 886,2 km[1] |
Periapse | 756,3 km[1] |
Radcal, tamén coñecido como RadCal e RADCAL (de Radar Calibration) foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos pertencente ó Programa de Probas Espaciais (Space Test Program) lanzado o 25 de xuño de 1993 mediante un foguete Scout G1 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para servir como obxectivo para a calibración de radares militares.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Radcal foi servir de obxectivo de calibración para os radares en banda C do Mando Espacial e permitir establecer a posición doutros satélites cunha precisión de poucos metros.[3][5][6]
O satélite estabilizábase por gradente gravitatorio e foi o primeiro adicado á monitorización de rendemento de radar (RPM polo acrónimo en inglés). Tiña forma octogonal e unha masa de 89,3 kg, cunha altura de 40,6 cm e un diámetro de 76,2 cm. O mastro para a estabilización por gradente gravitatorio tiña unha lonxitude de 6,069 m. A enerxía era proporcionada por células solares. Radcal levaba a bordo dous transpondedores en banda C, unha baliza de frecuencia dual (150 e 400 MHz) e unha unidade de control, telemetría e seguimento. Como carga experimental levou dous receptores GPS para determinar a súa posición.[3][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "RADCAL" (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 20 December 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-20399T). 24 de xaneiro de 1994: 2. Consultado o 5 de novembro de 2016.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (23 de agosto de 2016). "RADCAL" (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2016.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Radcal" (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2016.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "RadCal (P92-1)" (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2016.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Radcal" (en inglés). Consultado o 5 de novembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- RADCAL, NASA, 22 de novembro de 2004.