Saltar ao contido

Raúl Santamaría González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRaúl Santamaría González
Biografía
Nacemento1998 Editar o valor en Wikidata (27/28 anos)
Vilagarcía de Arousa Editar o valor en Wikidata
Deputado do Parlamento de Galicia
2024 
Concelleiro
2022 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor en Wikidata

Facebook: raul.santamariagonzalez.3 Instagram: raulsantamaria98 LinkedIn: raúl-santamaría-gonzalez-658a38138 Editar o valor en Wikidata

Raúl Santamaría González, nado en Vilagarcía de Arousa en 1998, é un mestre e político galego do Partido Popular de Galicia. Dende 2024 é deputado no Parlamento de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É profesor de educación primaria e presidente de Novas Xeracións do PP en Vilagarcía. En 2022, converteuse en concelleiro de Vilagarcía de Arousa en substitución de Manuel Méndez, que deixou a acta por motivos laborais.[1] En febreiro de 2024 foi candidato pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2024, resultando elixido deputado autonómico.[2]

Tivo unha prolongada participación no concurso televisivo Reacción en cadena de Telecinco, presentado por Ion Aramendi, como membro do equipo dos Mozos de Arousa, que formou xunto ao seu irmán Borja Santamaría e Bruno Vila.[3] O equipo logrou manterse no programa durante un ano e medio, acumulando un total de 2.630.177 euros, o maior premio da historia dos concursos de Telecinco.[3]

  1. "Raúl Santamaría e Inmaculada Villarroya toman posesión como concejales del PP". Faro de Vigo. 29 de marzo de 2022. Consultado o 30 de marzo de 2024.
  2. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
  3. 1 2 "Los Mozos de Arousa, eliminados tras ganar 2,6 millones de euros en 'Reacción en cadena. ¿Cuánto pagarán a Hacienda?" (en castelán). 19 de novembro de 2024. Consultado o 9 de xullo de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]