Raíña de follas cinguidas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A raíña de follas cinguidas, Epipactis tremolsii,[1] é unha especie de orquídea terrestre do xénero Epipactis. Está circunscrita á rexión do Mediterráneo occidental onde medra en bosques mixtos abertos de carballo, sobreira e piñeiro.[2] En Portugal, na rexión do Algarve, florece bastante antes que Epipactis helleborine e pódese atopar a partir de abril (ou antes a principios da primavera).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. Tyteca, Daniel; Dufrene, Marc (1994). "Biostatistical Studies of Western European Allogamous Populations of the Epipactis helleborine (L.) Crantz Species Group (Orchidaceae)". Systematic Botany 19 (3): 424–442. ISSN 0363-6445. doi:10.2307/2419766. Consultado o 4 de novembro de 2022.