RAF-Avia
Aparencia
| RAF-Avia | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
RAF-Avia é unha aeroliña letoa con sede en Riga e baseada no aeroporto internacional de Riga.[1]
A compañía creouse no ano 1990 como primeira aeroliña privada do país. Comezou a operar en 1991 transportando pezas de reposto e subministracións para a fábrica de autobuses RAF en Letonia. En 1994 RAF-Avia comezou a realizar voos comerciais chárter. En 1996 converteuse nunha sociedade anónima de propiedade privada e no presente pertence na súa totalidade ao RAF-Avia Group.
En agosto de 2016 a aeroliña anunciou que basearía dous avións no aeroporto de Frankfurt-Hahn para operar voos chárter dende alí.[2]
Frota
[editar | editar a fonte]En maio de 2018 a frota de RAF-Avia estaba formada polos seguintes avións:[3][4]
| Avión | Total | Notas |
|---|---|---|
| Antonov An-26 | 4 | |
| ATR 72-200F | 1 | |
| Saab 340AF | 2 | |
| Saab 340B | 2 | |
| 9 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ RAF-Avia (ed.). "Contact us!". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2018. Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ Verkehrs Rundschau (ed.). "Neuer air cargo kunde am flughafen Frankfurt-Hahn". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2018. Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ RAF-Avia (ed.). "Passenger flights". Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2018. Consultado o 24 de maio de 2018.
- ↑ RAF-Avia (ed.). "Cargo flights". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2018. Consultado o 24 de maio de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da aeroliña Arquivado 19 de maio de 2018 en Wayback Machine.