Río Limay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Limay
Alicura230.JPG
Río Limay

O río Limay é un importante curso de auga da Patagonia arxentina que ten a súa orixe no lago Nahuel Huapi e flúe en dirección nordés, formando a fronteira entre as provincias de Neuquén e Río Negro, até confluír co río Neuquén na cidade de Neuquén dando lugar ao nacemento do río Negro. Drena unha ampla conca de 63 700 km² e ten unha lonxitude duns 500 km, aínda que se considera a súa fonte máis afastada chega aos 617 km. As súas augas pertencen á conca do océano Atlántico.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O nome Limay é de orixe mapuche, co significado de «transparente» ou «límpido».[1][2][3][4]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O río Limay nace no extremo oriental do lago Nahuel Huapi e percorre de xeito cobregueante uns 500 km en dirección noroeste, sumando afluentes como os ríos Traful, Pichileufú, Collón Curá e Picún Leufú, até atoparse co río Neuquén, formando na súa confluencia o río Negro.

A fonte máis afastada do río é a seguinte: fonte do lago Espejo (21,7 km) → río Espejo (1,2 km) → lago Espejo Chico (3,2 km) → río Ruca Malén (2,8 km) → lago Correntoso (17,2 km) → río Correntoso (0,3 km) → lago Nahuel Huapi (74,6 km).

As súas augas son claras, e posúe un importante caudal. A súa conca posúe unha área duns 63 700 km² e inclúe a maioría dos ríos e arroios da conca do atlántico na rexión, como tamén unha extensa rede de lagos interconectados (Nahuel Huapi, Correntoso, Moreno, Gutiérrez). O río posúe unha importante poboación de troitas, e é popular a práctica da pesca, e o descenso en caiacs e balsas.

Caudais[editar | editar a fonte]

O caudal do río vai aumentando a medida que recibe afluentes. Segundo series de finais de século XX, os seus valores medios en distintos fitos do seu curso son:[5]

Alicurá: 276 m³/s

Piedra del Águila: 713 m³/s

El Chocón - Arroyito: 722 m³/s.

Segundo series de mediados de século XX o caudal medio co que chegaba á confluencia era de 757 m³/s.[6][7]

Aproveitamento hidroeléctrico[editar | editar a fonte]

Dado que o lago Nahuel Huapi atópase a unha altitude de 764 msnm, instaláronse sobre a canle do Limay sucesivas represas hidroeléctricas coa finalidade de aproveitar a forza hidráulica dispoñible. As mesmas son Alicurá, Piedra del Águila, Pichi Picún Leufú, El Chocón e Arroyito.

Nas súas proximidades, e alimentada con auga do Limay, construíuse a única planta de auga pesada de Suramérica (ENSI).

Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Aguas patagónicas. Río Limay. Copia arquivada en Wayback Machine Consultado 9/9/14
  2. Inter patagonia, diccionario mapuche. Consultado 9/9/14
  3. Guía Verde, toponimia mapuche. Consultado 9/9/14
  4. Alihuen, diccionario mapudungun Copia arquivada en Wayback Machine. Consultado 9/9/14
  5. Secretaría de Energía – República Argentina. Catálogo de Recursos Hídricos. 2003. Páx 44, 48 e 50
  6. Rodríguez, Camilo B. (decembro 1958). "El aprovechamiento del Río Limay y su influencia en la economía energética argentina" (PDF) (No. 5). 
  7. Pulita, Alicia E (coord) Geografía física de Río Negro 1978. Cap. IV El agua, elemento vital. Páx 10 - 12.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Cisnes no río Limay