Río Kouilou-Niari
Aparencia
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| Continente | África | |||
| División administrativa | República do Congo | |||
| Final | ||||
| División administrativa | mar a fóra | |||
| Localización | Océano Atlántico | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 560 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 61.707 km² | |||
| Medicións | ||||
| Caudal | 856 m³/s | |||
O río Kouilou-Niari, tamén chamado Kwilu, Kwila, e Kwil, é o río máis importante da República do Congo. O río chámase Kouilou durante a maior parte do percorrido, pero na súa sección central, no departamento de Niari, coñécese como río Niari. O río combínase co Louessé e verte as súas augas no océano Atlántico. Percorre uns 700 quilómetros dende o seu nacemento na meseta do Congo até a súa desembocadura.
O río ten numerosas fervenzas, entre as que destacan as fervenzas Zrinski, nomeadas na honra dos nobres croatas Nikola Zrinski e Petar Zrinski, xa que foron descubertas en 1882 por Dragutin Lerman, un compoñente croata da expedición de Henry Morton Stanley.
