Río Guáitara
| Tipo | río | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | Colombia | |||
| Localización | Volcán Chiles | |||
| Final | ||||
| Localización | Río Patía | |||
| ||||
| Características | ||||
| Dimensións | 158 ( | |||
| Superficie da cunca hidrográfica | 3.713 km² | |||
O Guáitara ou Carchi (denominación en Ecuador), é un río suramericano pertencente á vertente do Pacífico. Ten unha lonxitude de 158 quilómetros de longo, e durante 45 km o seu percorrido sinala a fronteira entre Colombia e Ecuador, até a ponte internacional de Rumichaca. Dende ese punto, xa en chan colombiano, toma o nome de Guáitara.
No seu traxecto, ó socavar a montaña formou a ponte natural de Rumichaca que comunica a Ecuador e Colombia, formando dende este sitio un fondo canón que en territorio colombiano aloxa o santuario de Las Lajas, construído sobre o canón.
Na antigüidade coñecíase como río Pastarán; na conquista dos incas chamouse Ancashmayu (aínda que en debate co nome doutro río), e logo chamouse Guáitara, o seu nome actual en territorio colombiano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Guáitara |
