Saltar ao contido

Río Bravo (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Río Bravo
 Título
Rio Bravo Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Custo
1.214.899 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
93/100 Metacritic (17 de outubro de 2025)
96% Rotten Tomatoes (31 de outubro de 2024)
8.4/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Premios
Datas
 Data de publicación
18 de marzo de 1959 (Estados Unidos de América)
4 de abril de 1959 (Estados Unidos de América)
30 de marzo de 1959 (Canadá)
25 de agosto de 1959 (Alemaña)
1959 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración136 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 País de orixe
Identificadores
VIAF316751659 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-6FD5-0000-B-0000-0000-4 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0kyjk Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Redes
IMDB: tt0053221 Filmaffinity: 342643 Allocine: 1274 Rottentomatoes: m/rio_bravo Mojo: riobravo Allmovie: v41469 TCM: 16103 Metacritic: movie/rio-bravo TV.com: movies/rio-bravo Netlix: 60020040 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Río Bravo (en inglés: Rio Bravo) é un western dirixido por Howard Hawks, e unha das cinco películas nas que traballou con John Wayne (Río vermello (1948), Río Bravo (1959), Hatari! (1962), El Dorado (1966), Río Lobo (1970)).

Pódese interpretar Río Bravo en contraposición a outro western da época, Só ante o perigo (1952) de Fred Zinnemann. Na película de Zinnemman un atribulado shériff (Gary Cooper) pasaba a película pedindo desesperadamente axuda e ninguén o axudaba. No filme de Hawks o shériff en perigo non pide axuda pero todos están dispostos a prestarlla.

Son enfoques radicalmente distintos: Howard Hawks concibe o heroe como un home forte (habitualmente acompañado por mulleres fortes) que debe saír el só dos seus problemas, un personaxe que sabe como comportase e o que debe facer en cada momento.

Sobre a elaboración do guión cómpre dicir que os guionistas case sempre dispoñían dun par de opcións boas para resolver cada situación e iso permitiu que anos máis tarde puidesen utilizar parte do material descartado para facer El Dorado (1967) un filme crepuscular que retoma o tema do shériff "só ante o perigo".

No filme actúa Ricky Nelson (estrela musical xuvenil do momento); esa ocorrencia publicitaria permitiu que vise o filme un tipo de público novo que non coñecía a Howard Hawks.

Estreouse en galego na TVG o 17 de xaneiro de 2009.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Río Bravo na TVG". Diario Siglo XXI. 13 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]