Río Biobío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biobío
Concepcion and the Biobio River.jpg
O Río Biobío ao seu paso pola cidade de Concepción.
País Flag of Chile.svg Chile
Rexión Rexión de Biobío e Rexión de Araucanía
Nacemento Lagoa Galletué e Lago Icalma
Caudal medio 899 m³/s
Desembocadura Océano Pacífico
Mapa río Biobío.png
O curso do río Biobío

O río Biobío é o segundo río máis longo de Chile. Atravesa a rexión de Biobío de leste a oeste.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O hidrónimo Biobío provén da voz Biu-biu (en mapuche: vuu ou viu, equivalente a 'dobre fío' ou 'cordello'), nome co cual era designado polos mapuches; tamén acostumaban chamalo Butanleuvu ou 'río Grande'.[1] Asemade, foi chamado Ribimbi e Tuihuy polos indíxenas.

Descrición[editar | editar a fonte]

Nace na lagoa Galletué e no lago Icalma, atopado no extremo nororiental da IX Rexión de Araucanía na cordilleira dos Andes, preto do límite internacional con Arxentina. Dende alí, percorre gran parte da zona sur do Val Central, cruzando as provincias do Biobío e de Concepción, na VIII Rexión de Biobío. Finalmente, desemboca na cidade de Concepción.

O Biobío é o segundo río máis longo de Chile, cunha lonxitude de 380 km, e é o leito principal da terceira conca hidrográfica meirande do país (tralo Loa e o Baker). Diversos ríos de salientables, como o río de La Laja e o Malleco son afluentes do Biobío. É o río máis ancho do país, cun quilómetro por termo medio, sendo atravesado na área metropolitana de Concepción por catro pontes: Ponte Ferroviaria Biobío (1889), Ponte Juan Pablo II (1973), Llacolén (2000) e Ponte Chacabuco (2011). Até o 2010, tamén foi cruzado polo Puente Viejo (1942).

Hidrografía[editar | editar a fonte]

O río Biobío nace na ribeira oeste da lagoa Galletué e do lago Icalma, na reserva nacional homónima. O río avanza en dirección leste e, algúns quilómetros máis adiante, o río recibe as augas da achegada lagoa Icalma. Paseniño, comeza a virar o seu curso cara ó noroeste percorrendo os vales de forma serpeante e recibindo os leitos dalgúns ríos menores, como o Lonquimay, Rahue e Ránquil. O "Alto Biobío" comeza a ficarse nas ladeiras anteriores á cordilleira, aumentando a velocidade das súas augas.

Ó internarse na depresión intermedia, o río bule entre ladeiras chás aumentando de entre 60 a 120 metros de ancho, reducindo a súa velocidade, o cal permite a navegación nalgunhas zonas. Xa no seu treito medio, desemboca o río Vergara preto de Negrete, drenando gran parte meridional da conca ó recibir augas de ríos como o Malleco e o Renaico, que constitúeen unha rede de drenaxe paralela ó Biobío en sentido noroeste da meirande parte da zona setentrional da Rexión de Araucanía.

Ó leste da cordilleira da Costa, preto das cidades de San Rosendo e La Laja, desemboca o Río de La Laja, o principal afluente do Biobío considerando o seu leito. O río continua o seu curso aumentando o ancho considerablemente chegando ós dous quilómetros ó desembocar no océano Pacífico, enSan Pedro de la Paz, Gran Concepción.

O Alto Biobío ten un réxime esencialmente nival polo que o seu leito medra no verán por mor do desxeo da cordilleira. Porén, segundo que diversos leitos pluviais se unen ó río principal, este cambia a características de réxime mixto. O leito do Biobío, medido na zona da desembocadura, acada as súas máximas cifras durante os meses de outubro e novembro, aínda que se mantén alto entre maio e setembro, decaendo notablemente entre xaneiro e abril.

Con 353 m³/s, o río Biobío é o segundo máis caudaloso de Chile detrás do río Baker, con 875 m³/s.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. «Diccionario geográfico de la República de Chile», Francisco Solano Asta-Buruaga y Cienfuegos, 1867, D. Appelton & Cia , 1900 Harvard College Library, Cift of Archibald Carv Coolidge and Clarence Leonard Hay April 7, 1909 p. 802, Río Biobío.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Biobío Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Niemeyer, Hans; Cereceda, Pilar (1983). Geografía de Chile — Tomo VIII: Hidrografía. 1º edición, Santiago de Chile: Instituto Geográfico Militar.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]