Río Bafing
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
Continente | África | |||
Final | ||||
Localización | Río Senegal | |||
| ||||
Conca hidrográfica | Bacia do rio Senegal (pt) | |||
Represado por | Manantali Dam (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 500 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 33.000 km² | |||
O río Bafing é un río da África Occidental, de réxime tropical, que nace en Guinea e finaliza ao unirse ao río Baoulé, para dar formalmente nacemento ao río Senegal, o río que tras discorrer en dirección nordeste e formar no seu tramo final a fronteira entre Mauritania e o Senegal, acaba desembocando no océano Atlántico. O Bafing considérase, polo tanto, o curso alto do río Senegal. Ten unha lonxitude duns 500 km e drena unha cunca duns 33.000 km² que se estende por Guinea e Malí.
Tamén se coñece como o río Negro en oposición ao río Bakoye, ao que se lle chama río Branco.
O río ten unha gran presa, a presa Manantali, en Malí.
Entre 1895 e 1898, o enxeñeiro francés Gustave Eiffel construíu unha gran ponte para o ferrocarril, preto da cidade de Mahinady.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río Bafing nace nunha das meseta do macizo montañoso de Fouta Djalon, a unha altitude de 1537 m, na prefectura guineana de Dalaba. Discorre primeiro en dirección sur e entra na prefectura de Mamou, para logo virar e tras describir unha ampla curva encamíñase en dirección xeral cara ao norte-nordeste. Pasa pola pequena localidade de Banko e durante un tramo fai de fronteira entre as prefecturas de Mamou e Dabola, até chegar á pequena localidade de Boulinko. Alí o río segue en dirección nordeste, sendo fronteira entre as prefecturas de Tougue e Dinguiraye, onde se adentra nun curto traxecto.
Despois o río segue sendo fronteira, esta vez, entre Guinea, ao sur, e Malí, ao norte, en concreto coa rexión de Kayes. Neste tramo fronteirizo pasa preto das localidades guineanas de Sabere Bani, Toubundi, Béréta e Soumani.
Logo o río flúe en dirección norte polo occidente de Malí, sempre na rexión de Kayes. Enseguida entra no Parque Nacional Bafing, pasando por Bafing Makana, Niogo, Bafé, Diba e Goungoudala. Abandona o parque xusto na cola do grande encoro da presa Manantali, construída entre 1981-87 e que formou un gran lago artificial (o lago Manatali, de 477 km² de superficie). Nas ribeiras do encoro atópanse as pequenas localidades de Bamafele (12.475 hab. en 1998), Kouroundi e Tondidi. O encoro ten unha lonxitude aproximada duns 40 km e tras deixar atrás a presa —que ten unha lonxitude de 1.460 m, unha altura de 68 m e unha potencia hidroeléctrica instalada de 104 MW—, o río xira cara ao leste, un curto tramo no que pasa por Manatali, Serholo, Sobéla e Farako. Tras recibir pola esquerda e procedente do sur o principal do seus afluentes, o río Dassabolo, torna outra vez cara ao norte, pasando por Koumi Faradala, Mahina (17.847 hab. en 1998) e chegando finalmente á cidade de Bafoulabé (24.870 hab. en 2008). Tras un percorrido duns 500 km, únese pola esquerda ao río Baoulé, para dar formalmente nacemento ao río Senegal.
Réxime hidrolóxico
[editar | editar a fonte]O río está ben alimentado, mais é moi irregular e depende totalmente das precipitacións. A cunca conta cun clima tropical e recibe importantes precipitacións no seu curso alto, entre 1000 e 2000 mm/ano, sendo estas pouco uniformes durante o ano.
O caudal medio interanual ou módulo do río é de 332 m³/s na súa boca, pero pode diminuír até os 16,6 m³/s, ou 76 veces menos, que o caudal medio, en setembro, que mostra unha irregularidade estacional significativa. No período de observación de 40 anos, o caudal mínimo mensual foi de 0 m³/s (río completamente seco), mentres que o caudal mensual máximo foi de non menos de 2.529 m³/s. O período de augas altas é de xullo a novembro, e o período de augas baixas de marzo a maio.
Caudal medio mensual do río Bafing medido na estación hidrolóxica de Dibia
(en m³/s, para unha cunca vertente de 30 235 km² (90% da cunca). Datos calculados para o período 1951-90)[1]