Río Augüeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Agüeira
O río Augüeira ao seu paso por Peizais (Santalla de Ozcos)
Comunidades AutónomasGalicia Galicia
Asturias Asturias
NacementoFonsagrada, Lugo
Altitude850 m
Lonxitude47 km
DesembocaduraRío Navia, Pesoz
Altitude desembocadura110 m
Cadea fluvialRío Navia

O río Augüeira[1] é un río de 47 quilómetros do noroeste da Península Ibérica que nace no concello galego da Fonsagrada e discorre na súa maior parte na Terra Eo-Navia de Asturias e aboca no río Navia.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace a 810 metros no concello da Fonsagrada e percorre os concellos de Santalla de Ozcos, San Martín de Ozcos e Pezós, e fai en diferentes tramas de límite natural entre eles para abocar, tras facer un percorrido de 47 km en U, no río Navia á altura do encoro de Doiras. Recibe as augas de diferentes regueiros e regatos, entre os que salienta o Hío.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Varela Aenlle, Carlos Xesús (2010). Repertorio toponímico e xentilícico da terra Eo-Navia. Universidade de Vigo. p. 55.