Saltar ao contido

Encoro de Doiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEncoro de Doiras
Imaxe
Tipoencoro Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBoal, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°23′14″N 6°49′26″O / 43.38722, -6.82389
Afluentes
Efluente do lagorío Navia Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude109 m Editar o valor en Wikidata

O encoro de Doiras é un encoro español situado na Terra Eo-Navia do Principado de Asturias, sobre o leito do río Navia. Inaugurouse en 1934 e ten unha capacidade de 114,6 hm³[1]. Constitúe o segundo encoro construído no Navia, augas arriba do de Arbón e augas abaixo do de Salime e estruturalmente é un encoro de gravidade con 89 metros de altura, localízase na parroquia de Doiras no concello de Boal. A superficie do encoro, de 450 ha[2] esténdese tamén polos concellos de Eilao e Pezós. Aproveitase, fundamentalmente, para enerxía hidroeléctrica ao alimentar as centrais de Doiras e Silvón, cunha produción anual media de 324 GWh.

Os ríos Augüeira e Ourubio flúen ao Navia no encoro de Doiras.

Central hidroeléctrica de Doiras

[editar | editar a fonte]
Vista xeral da central de Silvón.

A central de Doiras atópase nas proximidades da presa do encoro de Doiras. Conta con tres grupos xeradores, dous de 21MW e un de 18 MW, que entraron en explotación comercial no ano 1944. Pertencía á empresa Viesgo ata que a mercou Repsol en 2018[3] e evacua a súa enerxía a través dunha rede de 132 kV.

Central hidroeléctrica de Silvón

[editar | editar a fonte]
Vista xeral da central de Doiras.

A central de Silvón atópase tamén nas proximidades do encoro de Doiras. Conta con dous grupos xeradores, Silvón I e Silvón II, de 40 MW cada un, que entraron en explotación comercial en 1959 e 1964, respectivamente. Pertenceu á empresa Viesgo ata a súa merca por Repsol en 2018.