Quanah Parker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quanah Parker
Nacemento1845 e 1852
Lugar de nacementoTerritorio indio
Falecemento23 de febreiro de 1911
Lugar de falecementoQuanah Parker Star House
SoterradoFort Sill Post Cemetery e Post Oak Cemetery
NacionalidadeComancheria e Estados Unidos de América
RelixiónIgreja Nativa Americana
OcupaciónXefe tribal, spiritual leader, gandeiro e comerciante
PaiPeta Nocona
NaiCynthia Ann Parker
Na rede
IMDB: nm1130420 WikiTree: Nocona-5 Find a Grave: 1371 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Quanah Parker (en comanche: kwana, "cheiro, olor"), nado c. 1845 ou 1852, e finado o 23 de febreiro de 1911 foi un líder guerreiro da banda Quahadi ("antílope") dos comanches. Naceu na banda Nokoni ("vagabundos"), fillo do xefe comanche Peta Nocona e de Cynthia Ann Parker, unha angloamericana que foi secuestrada de nena e que foi asimilada na tribo. Despois da captura de varios xefes kiowa en 1871, Quanah emerxeu como figura dominante na guerra do río Vermello, enfrontándose en varias ocacións co Coronel Ranald S. Mackenzie. Por mor da caza até a extinción que os brancos practicaron sobre o bisonte, o sustento primario dos comanches, Quanah finalmente rendeuse e liderou pacificamente ós Quahadi até a reserva de Fort Sill, Oklahoma.

Quanah Parker nunca foi elixido como xefe polo seu pobo, pero foi nomeado polo goberno federal como principal xefe de toda a nación comanche, converténdose no principal emisaio dos indíxenas americanos do suroeste. Na súa vida civil, gañou riqueza como gandeiro, asentándose preto de Cache, Oklahoma. Aínda que animou ós comanches na súa cristianización, avogou pola alternativa sincrética da Igrexa Nativa Americana, e loitou polo uso legal de peiote dentro das prácticas relixiosas do movemento. Foi escollido shérif de Lawton en 1902. Despois da súa morte en 1911, o título de xefe foi substituído polo de presidente, polo que Quanah é descrito como o "derradeiro xefe dos comanches".

Está enterrado en Chief's Knoll, Fort Sill. Moitas cidades e sistemas de estradas no suroeste de Oklahoma e no norte de Texas, outrora o sur da Comanchería, fan referencia ó seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Weston La Barre, The Peyote Cult, New Haven, CT: Yale University Press, 1938
  • Paul H. Carlson and Tom Crum, Myth, Memory and Massacre: The Pease River Capture of Cynthia Ann Parker, Texas Tech University Press, 2011
  • Pekka Hamalainen, Comanche Empire, New Haven, CT: Yale University Press, 2008
  • Jo Ann Powell Exley, Frontier Blood: the Saga of the Parker Family, Texas A & M University, 2001
  • William T. Hagan, United States-Comanche Relations: The Reservation Years, New Haven, CT: Yale University Press, 1976
  • William T. Hagan, Quanah Parker, Comanche Chief, Norman, OK: University of Oklahoma Press, 1993
  • Clyde L. and Grace Jackson, Quanah Parker, last chief of the Comanches; a study in Southwestern Frontier history, Nova York, Exposition Press, 1963
  • Bill Neeley, The Last Comanche Chief: The Life and Times of Quanah Parker, Nova York: John Wiley and Sons, 1995
  • Jack K. Selden, Return: The Parker Story, Clacton Press, 2006