Qu'est-ce que la propriété?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Qu'est-ce que la propriété?
Capa da edición de 1841.
Autor/aPierre Joseph Proudhon
OrixeFrancia
Linguafrancés
Xénero(s)Ensaio
Data de pub.1840
editar datos en Wikidata ]

Qu'est-ce que la propriété? ou Recherches sur le principe du Droit et du Gouvernement é un ensaio de Pierre Joseph Proudhon, publicado en 1840 en lingua francesa. Nel aparece a súa cita máis coñecida, "a propiedade é un roubo".

Propiedade[editar | editar a fonte]

Proudhon cría que a concepción habitual da propiedade combinaba dous compoñentes distintos, que unha vez identificados amosarían a diferenza entre a propiedade como unha forma de tiranía e a propiedade usada para defender a liberdade. Defende que o resultado do traballo do individuo, aquel no que se ocupa con regularidade, xera unha forma lexítima de propiedade. Pero opúxose a que a terra non ocupada fose concibida como unha forma de propiedade lexítima, aceptando soamente unha forma de "posesión" sobre a terra en virtude da súa real ocupación ou traballo. Por extensión, xa que só a terra traballada ou ocupada é unha forma de propiedade lexítima, puxo tamén en cuestión institucións como o interese dos préstamos ou a renda do alugamento.

Algunhas personalidades da teoría anarquista usaron os termos de "posesión" e "propiedade" para distinguir o que Proudhon entendía como propiedade privada do produto do traballo por un lado, e a propiedade da terra por outro. Neste sentido, a propiedade privada referiríase á propiedade sobre a terra baldía, mentres que a propiedade persoal sería o produto do traballo efectivamente realizado polo individuo ou sobre as mercadorías. Esta diferenciación é un compoñente importante na crítica mutualista do capitalismo estatal.

Contradicións[editar | editar a fonte]

Pierre Joseph Proudhon.

Nesta obra Proudhon denuncia por contradición (a propiedade é un roubo) que as xustificacións tradicionais da propiedade privada eran falaces desde o punto de vista da lóxica. Pero a crítica cara a esta obra precisa que as probas de Proudhon non contradín ningunha das suposicións máis frecuentes acerca da propiedade e non convencerían ás persoas que non compartisen a súa concepción da propiedade igualitarista. Tamén se pon en dúbida a solidez de erudición, estimando que as súas críticas cara ao Traité de la propriété de Charles Comte parecen baseadas nunha interpretación errónea das teses de Comte.

Anarquismo[editar | editar a fonte]

Este é o primeiro texto da idade contemporánea onde alguén se autodenomina anarquista nun sentido positivo, criticando calquera forma de goberno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]