Pé (medida)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O é unha unidade de lonxitude de orixe natural (baseada no pé humano), xa utilizada polas civilizacións antigas.

O pé romano, ou pes, equivalía a 29,57 cm; o pé castelán a 27,6 cm.

Foi substituído en case todo o mundo polas unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI), salvo no uso corrente nos países anglosaxóns.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira referencia histórica dunha medida estándar do «pé» relaciónase coa civilización sumeria, grazas a unha definición da medida atopada nunha estatua de Gudea de Lagash. Segundo a crenza máis popular, orixinouse tras un descanso nunha extenuante xornada de traballo. O encargado de medir os bloques de pedra non era capaz de incorporarse e decidiu que sería moito máis cómodo, para medir os bloques desde o chan, utilizar os pés desde a súa posición.[Cómpre referencia]

Con todo, os arqueólogos pensan que os exipcios e mesopotámicos favoreceron o cóbado, mentres que os romanos e os gregos preferiron o pé. Orixinalmente tanto os gregos como os romanos dividiron o pé en 12 pulgas, pero nos últimos anos, os romanos tamén o dividiron en 12 unciae (de onde deriva a palabra castelá "onza" e as inglesas inch, "polgada" e ounce, "onza"). O pé grego (ποὐς, pous) variaba dunha cidade a outra, oscilando entre 270 e 350 mm, pero as lonxitudes utilizadas para a construción de templos parecen ser ao redor de 295 ou 325 mm, sendo o primeiro próximo ao tamaño do pé romano. O pé dórico, empregado na orde dórica, oscilaba entre 325 e 328 mm. O pé romano normal (pes) medía 295,7 mm, pero nas provincias usábase o pes Drusianus (pé de Nerón Claudio Druso) cunha lonxitude de aproximadamente 334 mm (en realidade, este pé está constatado anteriormente a Druso).[1]

Despois da caída do Imperio Romano, continuáronse usando algunhas medidas tradicionais romanas, pero outras caeron en desuso. No ano 790, Carlomagno tentou reformar as unidades de medida nos seus dominios. As súas unidades de lonxitude baseáronse na toesa (en francés toise) e, en particular, a toise de l'Ecritoire, a distancia entre as puntas dos dedos dos brazos estendidos dun home.[2] A toesa tén 6 pied (pé) de 326,6 mm.

Con todo, non tivo éxito na introdución dunha unidade normalizada de lonxitude en todo o reino. Durante o século IX utilizouse un pé romano de 296,1 mm, e no século X, un pé duns 320 mm. Ao mesmo tempo, os edificios monásticos usaban o pé carolinxio de 340 mm.[3]


Sistema anglosaxón[editar | editar a fonte]

En inglés, a medida «pé» escríbese foot, plural feet, a abreviatura é ft ou ' (comiña simple).

Equivalencias:

O «pé» utilízase só como unidade de medida popular nos Estados Unidos e o Reino Unido, e aínda se emprega en aeronáutica e tamén, fóra dos países anglosaxóns, para expresar a altitude de avións e outros vehículos aéreos. A adopción por estes países do Sistema Internacional hai xa uns anos irá facendo caer en desuso esta unidade, tamén nestes países.

Pé de agrimensura[editar | editar a fonte]

Para o acotamiento de terras e costas, o Sistema Público de Agrimensura de Terras dos Estados Unidos utiliza unha variedade chamada «pé de agrimensura», cuxa lonxitude equivale a 30,4800609601219 centímetros.

Pé madeireiro (ou pé taboleiro)[editar | editar a fonte]

Na industria da madeira é usual utilizar o «pé madeireiro», tratándose neste caso dunha unidade de volume. O seu valor é o que corresponde a unha peza cadrada de 1 pé de lado e 1 polgada de espesor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Dilke, Oswald Ashton Wentworth (1987). Mathematics and measurement. University of California Press. p. 26. ISBN 978-0-520-06072-2. Consultado o 4 de outubro de 2013. 
  2. Russ Rowlett. "How Many? A Dictionary of Units of Measurement". Center for Mathematics and Science Education, University of North Carolina at Chapel Hill. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2013. Consultado o 4 de outubro de 2013. 
  3. Sutherland, Elizabeth R. (maio de 1957). "Feet and dates at Charlieu". Journal of the Society of Architectural Historians 16 (2). JSTOR 987740.