Habano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Habano é todo aquel cigarro puro no cal o 100% do tabaco empregado na súa composición é cultivado e manufacturado en Cuba, tras múltiples e severos controis tanto a nivel do proceso agrícola de cultivo e secado.

Historia[editar | editar a fonte]

Bitola dun puro habano
Bitola de puro habano

O tabaco é unha planta orixinaria de América do Sur, dise que chega a Cuba entre os dous mil ou tres mil anos antes da nosa era [Cómpre referencia]. O aborixe cubano era fiel consumidor de tabaco, para eles era como unha especie de medicina e imprescindible para acompañar cerimonias sociais, políticas e relixiosas, formando parte así dos seus principais cultivos.

Coa chegada dos españois a Cuba amósase esta planta ao mundo, desencadeándose instantaneamente unha forte paixón polo tabaco, gañando en España o maior número de adeptos.

Despois estenderíase a outras partes de Europa, onde se estableceron as máis serias sancións para co tabaco, mais curiosamente mentres máis o prohibían máis expandía o seu terreo de emprego con fins medicinais.

O rei Filipe V impuxo o 11 de abril de 1717 un monopolio real do tabaco que se cultivaba en Cuba, decisión que pasou á historia co nome de "Estanco do tabaco".

Era cultivado exclusivamente por homes ceibes, cousa que foi posible grazas aos inmigrantes españois que deron orixe ao campesiñado cubano.

O século XIX reafirmou nas Antillas a produción do tabaco, xa para 1859 había preto de 10.000 veigas e unhas 1.300 fábricas na capital.

En 1966 nace a marca de habanos Cohiba orixinalmente feita para uso pribado de Fidel Castro e a altos cargos do goberno cubano e oficiais do partido comunista. A miúdo ofrecidos como regalo diplomático, a marca Cohiba desenvolveu un status de "culto". Foi lanzada comercialmente para a venda ao público en 1982.

Actualmente, a comercialización dos produtos habanos gózaa en exclusiva a empresa mixta Habanos S.A., pertencente a partes iguais a Cubatabaco, empresa do Estado cubano, e Altadis, froito da fusión de Tabacalera e Seita.

Cultivo[editar | editar a fonte]

Cuba está situada moi próxima ao Trópico de Cáncer, cunha humidade relativa do 79% e unha temperatura media de 25 graos centígrados, recibe un réxime de chuvias que favorecen principalmente á rexión occidental do país, onde se sitúan as maiores veigas de tabaco de Cuba.

Se a este clima sumamos as características do solo de Cuba, é dicir, a composición química e propiedades agrícolas que distinguen ás zonas tabacaleiras e a experiencia e coidado que os torcedores poñen ao facer o produto cubano podemos facilmente entender o porqué do éxito do habano.

O cultivo comeza no sementeiro, área onde se depositan as sementes coas condicións óptimas para a súa xerminación e desenvolvemento antes de trasladalas ao campo. Permanecen neste lugar arredor de 40 días. No mes de outubro realízase a posterior sementeira por etapas. Para ser colleitada a folla agárdase un período de 45 a 80 días desde que foi plantada.

Logo de pasar por estes pasos, o tabaco é levado aos lugares de ensarte para o posterior proceso de desecamento e fermentación. Nas escollidas é traballado por hábiles mans xeralmente femininas, buscando con isto a suavidade e delicadeza na selección e clasificación para beneficiar cada folla recolleita.

Calidade[editar | editar a fonte]

Considérase que a calidade do habano radica na unión de 4 factores:

  • Clima.
  • Solo.
  • Sabedoría dos campesiños e torcedores cubanos.
  • Variedades do tipo de tabaco negro cubano.

A pesar dos intentos xa feitos de acadar a calidade dun auténtico habano noutras rexións do planeta a partir dunha semente de orixe cubana, considérase o de mellor calidade ao tabaco feito en Cuba, debido á combinación de factores climáticos coas características do territorio.[Cómpre referencia]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]