His 'n' Hers é o cuarto álbum de estudio da banda inglesa de britpopPulp, publicado o 18 de abril de 1994 a través do selo Island Records. É comunmente considerado o traballo que descubriu o grupo ao gran público, acadando o número 9 nas listas británicas,[1] sendo nomeado ao Mercury Prize. En 1998, os lectores da revista Q elixírono o 70 mellor álbum de todos os tempos, e colocouse no número 110 no libro Virgin All-Time Top 1000 Albums.[1]
Unha edición deluxe de His 'n' Hers foi editada o 11 de setembro do 2006, contendo un segundo disco de caras-b, demos e rarezas. "Lipgloss", "Do You Remember the First Time", "Razzmatazz", e unha nova mestura de "Babies" foron publicadas como sinxelos.