Pul-ip-deul
Pul-ip-deul | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | 풀잎들 |
Director | Hong Sang-soo |
Produtor | Hong Sang-soo |
Guión | Hong Sang-soo |
Intérpretes | Kim Min-hee Jung Jin-young Gi Ju-bong |
Música | Andrew Orkin |
Fotografía | Kim Hyung-koo |
Montaxe | Son Yeon-ji |
Estudio | Jeonwonsa Film |
Distribuidora | Jeonwonsa Film Contents Panda Movement |
Estrea | Festival Internacional de Cinema de Berlín: 16 de febreiro de 2018 Corea do Sur 25 de outubro de 2018 |
Duración | 66 minutos |
Orixe | Corea do Sur |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Pul-ip-deul (en coreano: 풀잎들) é un filme surcoreano de 2018 escrito, producido e dirixido por Hong Sang-soo.[1][2] Estreouse nos cinemas de Corea do Sur o 25 de outubro de 2018.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nunha cafetaría, unha clienta que sempre senta nun recanto atopa inspiración nas conversas do resto da clientela para escribir no seu ordenador.[2][4][5]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kim Min-hee como A-reum
- Jung Jin-young como Kyung-soo
- Gi Ju-bong como Chang-soo
- Seo Young-hwa como Sung-hwa
- Kim Sae-byuk como Ji-young
- Ahn Jae-hong como Hong-soo
- Gong Min-jeung como Mi-na
- Ahn Sun-young
- Shin Seok-ho
- Kim Myung-soo
- Lee Yoo-young[6]
Produción
[editar | editar a fonte]A fotografía principal comezou o 7 de setembro de 2017 e rematou o 21 de setembro de 2017.[7]
O filme supón a sexta colaboración entre a actriz Kim Min-hee e o director Hong Sang-soo.[5]
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Berlín o 16 de febreiro de 2018.[6][8] A comezos de outubro de 2018, o filme foi proxectado no programa "Korean Cinema Today - Panorama" do Festival Internacional de Cinema de Busan.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "풀잎들". Naver (en coreano).
- ↑ 2,0 2,1 "Grass (2018)". Korean Film Biz Zone.
- ↑ 3,0 3,1 "홍상수x김민희 '풀잎들', BIFF 공식 일정 성료..25일 국내 개봉". OSEN (en coreano). 17 de outubro de 2018.
- ↑ "Grass (2018)". compostelacultura.gal. 13 de novembro de 2019.
- ↑ 5,0 5,1 "Critics Embrace Hong’s Intimate 22nd Work GRASS in Berlin". Korean Film Biz Zone. 17 de outubro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 Kiang, Jessica (16 de febreiro de 2018). "Berlin Film Review: ‘Grass’". Variety.
- ↑ "풀잎들". Korean Film Biz Zone (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2019.
- ↑ Ehrlich, David (23 de febreiro de 2018). "‘Grass’ Review: Hong Sang-soo’s First Movie of 2018 Is a Beguiling 66-Minute Charmer for Hardcore Fans Only — Berlinale 2018". IndieWire.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pul-ip-deul na IMDb (en inglés).