Puerto Montt
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Chile | |||
| Rexión | Rexión de Los Lagos | |||
| Provincia | Provincia de Llanquihue | |||
| Comuna | Puerto Montt (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 169.736 (2017) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 50,95 km² | |||
| Altitude | 14 m | |||
| Creación | 1853 | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | puertomontt.cl | |||

Puerto Montt é unha comuna, un municipio e unha cidade situada ao sur de Chile, tamén capital da Provincia de Llanquihue e da X Rexión dos Lagos. Segundo as estimacións do censo INE de 2012, a comuna tiña un total de 238.455 habitantes, unha superficie de 1673 km² e unha densidade de poboación de 138 hab/km². Puerto Montt forma xunto coa comuna de Puerto Varas a recentemente conceptualizada Conurbación Puerto Montt-Puerto Varas, unha área urbana tamén chamada o Gran Puerto Montt.
En termos xeográficos, atópase fronte ao Seno de Reloncaví; ten unha baía protexida polo seu costado occidental pola illa Tenglo. É a principal conexión co Arquipélago de Chiloé e as rexións australes de Aisén e Magallanes. Puerto Montt é situado ao final da depresión intermedia, afundido dentro do Seno de Reloncaví, onde inicia a Patagonia chilena, ao oeste limita coa Precordilleira.
Debido á súa localización estratéxica, a cidade é o punto inicial para o desprazamento ata a Patagonia chilena, tamén o seu importante porto fai conexións co resto do país e coas rexións máis austrais, ademais do seu aeroporto internacional chamado Base Aérea O Tepual, cos principais terminais aéreos do Chile[1].
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ INE (2009). «Medio ambiente informe anual 2009 Arquivado 26 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine.» (en castelán) (pdf). Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Puerto Montt |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina de Puerto Montt Arquivado 03 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en castelán)
