Pueblo Gallego (Buenos Aires)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pueblo Gallego (Buenos Aires)
Lingualingua castelá
LocalidadeBuenos Aires
Na rede
Galiciana: 10000102847
editar datos en Wikidata ]

Pueblo Gallego foi un periódico editado en Buenos Aires en 1941.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Periódico quincenal de información, apareceu o 1 de maio de 1941. Segundo o editorial do primeiro número pretendía "hacer vivo el hecho diario de Galicia, propagar sus noticias, hacer llegar a todos el sol o la noche de nuestra querida tierra sumergida en la tragedia de Europa... Y con ello, sentir la vibración de América, generoso solar de los gallego desde el mismo día del Descubrimiento". Reflectía a actividade social dos galegos en América, centrándose no Centro Galego de Buenos Aires e na Agrupación Celta. Tamén informaba sobre as novas de Galicia. Publicou colaboracións de Otero Pedrayo, Roberto Blanco Torres, Heliodoro Gallego Armesto, Xosé Otero Espasandín e Miguel de Unamuno. Mantivo a sección "Un cuento gallego" na que publicaron relatos Enrique Labarta Pose, Marcial Valladares, Heraclio Pérez Placer, Ramón María del Valle-Inclán e Prudencio Canitrot. O último número coñecido é o 12, aparecido o 4 de decembro de 1941.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]