Pu Songling
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xuño de 1640 Zichuan District |
| Morte | 25 de febreiro de 1715 Zichuan District |
| Actividade | |
| Ocupación | escritor, recompilador de contos fantásticos, dramaturgo, autor de poesía ci, escritor de literatura infantil, poeta, escritor de contos |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Descrito pola fonte | Obálky knih, Eminent Chinese of the Ch'ing Period (en) |
Pu Songling (en chinés tradicional: 蒲松齡; en chinés simplificado: 蒲松龄; pinyin: Pú Sōnglíng; Wade-Giles: Bu2 Sung1-ling2) foi un escritor chinés da dinastía Qing. A súa obra máis recoñecida son os Contos estraños de Liao Zhai (聊齋誌異, Liáo Zhāi Zhìyì).[1][2]
Biografía
[editar | editar a fonte]Pu Songling naceu nunha familia de mercadores de clase baixa de Zichuan (en Zibo, Shandong).[3] Aos dezaoito anos, recibiu o grao de xiùcai (秀才, "talento sobresaínte") nos exames imperiais.[3] Porén, non foi até os setenta e un que foi premiado co grao de gòngshēng (貢生, "estudante selecto") polos seus logros literarios.[3]
Traballou como titor privado durante a meirande parte da súa vida, recompilando historias que logo serían publicadas nos Contos estraños de Liao Zhai (1740).[3][4] Algúns críticos atribúenlle a novela en chinés vernáculo Os vínculos do matrimonio (醒世姻緣傳, Xǐngshì Yīnyuán Zhuàn).[4]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]En Shéntàn Pú Sōnglíng Zhī Lánruò Xiānzōng (2019), Jackie Chan interpreta a Pu Songling.[5] Dao Lang publicou varios discos baseados nos seus contos.[6]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Pu Songling (2001). Contes estranys del pavelló dels lleures. Tradución ao catalán de Manel Ollé e Chün Chin. Quaderns Crema.ISBN 9788477273219
- Pu Songling (2004). Cuentos de Liao Zhai. Tradución ao castelán de Laureano Ramírez e Laura A. Rovetta. Alianza.ISBN 9788420645711
- Pu Songling (1988). Ipuinak. Tradución ao éuscaro de Jabier Kalzakorta. Labayru Ikastegia. ISBN 9788486833039
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zeitlin, Judith T. (1993). Historian of the Strange: Pu Songling and the Chinese Classical Tale (en inglés). Stanford University Press.
- ↑ "Pu, Songling (1640-1715)". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2023-12-02.
- 1 2 3 4 "Pu Songling 蒲松龄". china traducida y por traducir (en castelán). 2012-04-16. Consultado o 2023-12-02.
- 1 2 "Pu Songling | Fantastical Fiction, Qing Dynasty, Liaozhai Zhiyi | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2023-12-02.
- ↑ Vash (2019-02-05). "Shen tan Pu Song Ling". Consultado o 2023-12-02.
- ↑ Qian, Zilan (2023-08-03). "Behind 8 Billion Streams: Who is Dao Lang Cursing in the Chinese Hit Song ‘Luocha Kingdom’?" (en inglés). Consultado o 2023-12-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Obras de Pu Songling no Proxecto Gutenberg
- 蒲松龄 (La literatura china traducida en España)