Psicomaxia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alejandro Jodorowsky

A psicomaxia é unha técnica de suposta curación espiritual, desenvolvida por Alejandro Jodorowsky, funde as súas raíces no xamanismo, a psicanálise e o efecto patético do teatro. Básease na premisa de que o inconsciente toma os actos simbólicos como se fosen feitos reais, de maneira que un acto máxico-simbólico-sagrado pode modificar o comportamento do inconsciente, e por conseguinte, se está ben aplicado, curar certos traumas psicolóxicos. Estes actos son "deseñados a medida" e prescríbense despois de que o psicomago analice as peculiaridades persoais do consultante, e incluso estude a súa árbore xenealóxica.

O acto psicomáxico[editar | editar a fonte]

Unha vez o psicomago detecta cal é a pulsión inconsciente que está entrampando ao consultante, "receitalle" de maneira intuitiva un acto psicomáxico, que é sempre unha labor a realizar. Estes actos son performances levadas a cabo polo consultante e que poden requirir da axuda doutras persoas para a súa execución. O que se pretende e que o nó inconsciente que atrapa ao consultante se realice no mundo real metaforicamente.

Estes actos poden resultar chocantes, ridículos, transgresores, de mal gusto, e ás veces mesmo chistosos. Pero co acto tamén se pretenden romper os círculos viciosos do comportamento, xa sexa mental, emocional, sexual o corporal. Cando se rompe ese nó gordiano que ataba ao suxeito, aparece unha nova dimensión na súa personalidade e con iso comeza o camiño da curación.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Jodorowsky, Alejandro (2001), La danza de la realidad, Madrid: Ediciones Siruela, S.A. ISBN 8478447350.
  • Jodorowsky, Alejandro (2005), Psicomagia, Madrid: Ediciones Siruela, S.A. ISBN 8478447806.