Prudenci Bertrana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prudenci Bertrana
Retrat de Prudenci Bertrana.jpg
Nacemento17 de xaneiro de 1867
 Tordera
Falecemento21 de novembro de 1941
 Barcelona
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, pintor e xornalista
FillosAurora Bertrana
Coñecido/a porJosafat
editar datos en Wikidata ]

Prudenci Bertrana, nado en Tordera en 1867 e finado en Barcelona en 1941, foi un escritor catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou en Xirona, e en 1884 trasladouse a Barcelona para cursar enxeñería industrial, carreira que deixou logo do primeiro ano para estudar na Escola de Belas Artes, pero non chegou a rematar os estudos. Non obstante, á súa volta a Xirona comezou a ser coñecido como pintor de retratos e paisaxes e accedeu a un posto de profesor na Escola Municipal de Belas Artes. En 1898 apareceron as primeiros contos na revista Lo Geronès. En 1902 incorporouse á redacción da revista Vida, modernista e conservadora. Colaborou coa revista Catalunya e entrou en contacto co grupo de escritores modernistas locais: Xavier Montsalvatge, Carles Rahola e Miquel de Palol.

En 1906 publicou a novela Josafat, de grande éxito. Posteriormente publicou Nàufrags (1907) e o libro de relatos Crisàlides (1907). En 1912 marchou vivir a Barcelona e converteuse en director das revistas satíricas L'Esquella de la Torratxa e La Campana de Gràcia e colaborou con El Poble Català.

Publicou coleccións de contos e relatos: La lloca de la vídua i altres conts (1915), Els herois (1920), El meu amic Pellini i altres contes (1923), La bassa roja (1923), El desig de pecar (1924) L'òrgan del diputat (1924), L'ós benemèrit i altres bésties (1932) e obras de teatro, en parte escritas para mellorar a súa precaria situación económica, como Enyorada solitud! (1918), Les ales d'Ernestina (1921), La dona neta (1924), L'auto del senyor Moixet (1925), El comiat de Teresa (1931) e a novela Jo! Memòries d'un metge filòsof (1925). En 1936 recolleu en Impromtus algúns dos artigos de crítica teatral que publicara na Revista de Catalunya e La Veu de Catalunya.

A triloxía Entre la terra i el núvols está escrita en clave autobiográfica e componse de L'hereu (1931), El vagabund (1933) e L'impertinent (escrita en 1939, pero que non se puido publicar ata 1948)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]