Josafat
Aparencia
Josafat | |
---|---|
![]() | |
Título orixinal | Josafat |
Autor/a | Prudencia Bertrana |
Orixe | Cataluña |
Lingua | catalán |
Colección | Narrativa |
Editorial | Edicións 62 |
Data de pub. | 1906 (2001) |
Páxinas | 160 |
ISBN | 9788429749243 |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Josafat é unha novela escrita en lingua catalá por Prudenci Bertrana en 1906, en plena época do modernismo catalán.
Características
[editar | editar a fonte]As características propias do movemento son algúns dos principais sinais identitarios da obra, así por exemplo resalta o feito que o escritor modernista non se mide á hora de dicir con liberdade aquilo que pensa. A temática do heroe en contraposición coa natureza ou o individuo fronte a masa. En canto á idea central da trama, dicir que o protagonista, Josafat, provén dunha familia de labregos e disponse a acudir á cidade para facer as campás da catedral; de aquí nace a idea de que Josafat fora unha persoa boa antes de chegar a Xirona, mais cando chega a ela a cidade degrádao e fai que se converta nun fanático.