Provincia de Qom
| استان قم (fa) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Irán | ||||
| Capital | Qom | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.292.283 (2016) | ||||
| Lingua usada | Lingua alviri-vidari Língua khalaj (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 11.526 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 025 | ||||
| ISO 3166-2 | IR-25 e IR-26 | ||||
| Sitio web | ghom.ir | ||||
Qom (en persa: قم) é unha das 31 provincias de Irán. Sitúase no norte do país, e a súa capital é a cidade de Qom. Creouse en 1995, separándose da provincia de Teherán. En 2005, esta provincia tiña unha poboación de aproximadamente dous millóns de habitantes, dos cales o 91,2% residían en zonas urbanas e o 8,8% en zonas rurais. A provincia inclúe unha cidade, catro municipios, nove distritos rurais, e 256 poboacións.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ocupa unha superficie de 11.237 km², o que supón o 0,89% da superficie total do Irán. O clima da provincia de Qom varía entre o desértico e o semidesértico, e comprende áreas con montañas, outeiros e planicies. Debido a que se localiza lonxe do mar e preto dunha rexión árida, presenta un clima seco, con escasa precipitación e baixa humidade. Por esta razón, a agricultura non é posible na maior parte do territorio, especialmente preto das rexións lacustres salinas. A provincia ten dous grandes lagos salgados, o lago Howz e Soltan, que queda 36 quilómetros ao norte da cidade de Qom, e o lago Namak, que se atopa a 80 quilómetros ao leste de Qom. Case un quinto do lago Namak encóntrase dentro da provincia de Qom.
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]De maneira única en Irán, a provincia de Qom é coextensiva co shahrestan de Qom (teñen a mesma extensión).
| Mapa | Shahrestan | Clave mapa | Bakhsh | Centro |
|---|---|---|---|---|
| Qom | Q | Central | Qom | |
| j | Jafar Abad | |||
| kh | Khalajestan | |||
| n | Nofel Loshato | |||
| s | Salafchegan | |||
| Provincias veciñas: E: Esfahán, M: Markazi, S: Semnán, T: Teherán | ||||
