Provincia de Nápoles
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión | Campania | ||||
| Capital | Nápoles | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.171 km² | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 27 de xaneiro de 1861 | ||||
| Disolución | 31 de decembro de 2014 | ||||
| Sucedido por | Cidade metropolitana de Nápoles | ||||
| Organización política | |||||
| • President of the Province of Naples (en) | Antonio Pentangelo (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Provincial Council of Naples (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 80121–80147 e 80010–80079 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 081 | ||||
| ISO 3166-2 | sen valor e IT-NA | ||||
| Código NUTS | ITF33 | ||||
| Identificador ISTAT | 063 | ||||

Nápoles (en italiano Nápoli) é unha provincia da rexión de Campania, con capital en Nápoles, no sur de Italia. Conta cunha poboación de 3.079.685 habitantes, nunha extensión de 1.171 km².
A provincia esténdese por unha estreita chaira costeira con numerosos cantís e cuberta por contrafortes montañosos apeninos e formacións volcánicas entre as que destaca o Vesuvio, volcán sobre o que se asentan poboacións con importantes restos romanos, como Pompeia e Herculano, destruídas no 79 por unha erupción.
De clima mediterráneo, destacan os cultivos de trigo, vides, oliveiras e cítricos). A industria concéntrase en Nápoles e as súas poboacións máis próximas e o turismo é unha fonte de ingresos moi importante na que é unha das zonas con menor renda per cápita de Italia.
Comunas
[editar | editar a fonte]Hai 92 concellos na provincia, e estes son característicos por moitos elevada densidade de poboación. Así, 26 comunas da provincia superan os 30.000 habitantes, e destes, 12 teñen máis de 50.000 residentes.
Comunas con máis de 50.000 habitantes:[1]
| Comuna | Poboación |
|---|---|
| Nápoles | 963.357 |
| Giugliano in Campania | 114.878 |
| Torre do Greco | 87.490 |
| Pozzuoli | 83.452 |
| Casoria | 79.932 |
| Castellammare di Stabia | 64.734 |
| Afragola | 63.801 |
| Marano di Napoli | 59.408 |
| Acerra | 55.372 |
| Ercolano | 54.990 |
| Portici | 54.509 |
| Casalnuovo di Napoli | 50.551 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [https://web.archive.org/web/20100120110924/http://demo.istat.it/bilmens2009gen/index.html Arquivado 20 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. Datos ISTAT]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Provincia di Napoli Arquivado 20 de decembro de 2010 en Wayback Machine.
